Cervo, 29 de outrubro de 2019.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, achegáronse esta mañá ata a piscina olímpica municipal onde, ademais de percorrer e supervisar o funcionamento das instalacións, compartiron un anaco cos monitores e monitoras e coas persoas usuarias do servizo.
O rexedor e o edil fixeron balance deste primeiro mes de funcionamento logo do verán e subliñaron o incremento da matrícula por segundo ano consecutivo, con 242 persoas asistentes aos diferentes cursos que se ofertan por grupos de idade (adultos, nenos/as e bebés) -17 máis que o ano pasado por estas datas-. Dentro de cada grupo establécense diferentes niveis en función da destreza do alumno, desde iniciación a perfeccionamento. Ademais, tamén se ofrecen actividades complementarias como Aquagym ou o servizo de sauna e ximnasio.
Villares e Rodríguez tamén fixeron reconto do número de socios da instalación, que a día de hoxe rolda os 800, unha vintena máis que o curso pasado neste mesmo mes.
A maiores todos os venres acoden á piscina uns 50 nenos e nenas das ANPAS dos dous colexios do municipio, que teñen a inscrición de balde. “A filosofía do Concello de Cervo é promover a práctica deportiva no seu conxunto desde as idades máis temperás; e con ese obxectivo ofrecemos de balde ás ANPAS do noso municipio os diferentes cursos de natación para os pequenos e pequenas”, tal e como precisou Villares.
O alcalde e o concelleiro destacaron, así mesmo, o investimento que se fixo neste último ano nas instalacións cunha inversión que superou os 60.000 euros procedentes dos fondos municipais, dirixida fundamentalmente aos traballos de mantemento que se executaron durante o verán -lavado a presión do vaso e das paredes da piscina, rexuntado do pavimento e das plaquetas, reposición das deterioradas- e, sobre todo, á renovación integral do ximnasio que supuxo 45.000 euros para actuar na cuberta, na estrutura e no piso e para a adquisición de nova maquinaria, “co que conseguimos un salto importante na calidade destas instalacións municipais”.
Aquelas persoas interesadas no servizo poden, ou ben achegarse ata as instalacións, ou ben chamar ao número de teléfono 982.59.45.12, para recibir máis información.

























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
