Nos últimos tempos estamos a ver como Galiza se convirte nun deserto industrial que como non, tamén afecta á industria electrointensiva e ao seu amplo número de postos de traballo, que tras meses de mobilizacións aínda non recibiron resposta en condicións, e o certo é, que estamos aínda lonxe de que a situación sexa satisfactoria e de que nos traten ás galegas e galegos como merecemos.
Os sinais de alarma na planta de Alcoa San Cibrao disparáronse dende o momento en que se decidiu parar 32 das 512 cubas, e que tras unha visita-fracaso da Ministra Reyes Maroto e o Presidente da Xunta Nuñez Feixóo, xa hai rumores de que ese número vaia aumentar en breve, en definitiva, son o mellor autorretrato da incapacidade e desinterese que teñen para resolver os problemas das galegas e galegos. Somos produtores e excedentarios en enerxía, tamén asumimos a contaminación desta produción eléctrica, e somos os galegos os peores parados en materia enerxética?
A actividade desta fábrica é o motor económico fundamental para esta comarca, e si para a súa subsistencia Alcoa precisa de axudas públicas, terán que ser coa condición de que modernicen a factoría. Non pode ser que cada certo tempo se lle entreguen axudas e se lle abaraten os prezos para mellorar a súa competividade, e que non se lle obrigue a invertir na fábrica de San Cibrao. Terán que ser axudas coa condición de que invistan en mantemento, modernización e melloras, tanto para a fábrica como nas condicións laborais da clase traballadora.
Dende o BNG insistiremos sempre na nosa demanda dunha tarifa eléctrica galega, que permitiría o aforro nos fogares galegos e gañar en competitividade nas nosas industrias, e tamén pedimos á Xunta de Galiza que asuma as súas responsabilidades coa industria galega e actúe máis alá de declaracións electoralistas. Que se deixen de vetar sistematicamente todas as propostas do BNG para abaratar a electricidade e traballen polo ben do país galego, estamos ante a peor crise industrial e non poden continuar botando balóns fóra cando Galiza o que precisa son solucións.
Por último, animar a todo Viveiro, a tod@s @s mariñans e en definitiva a toda a provincia de Lugo a acudir á manifestación convocada polo comité de empresa para o vindeiro día 3 en Viveiro. Alí nos vemos!
Míriam Bermúdez, concelleira do BNG de Viveiro.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



