Foz, 31 de outubro de 2019. Foz celebra unha nova edición do Campañazo os venres 8, 15, 22 e 29 de novembro, con 2.400 euros en premios. Esta iniciativa foi presentada polo alcalde focense, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo, Comercio e Actividades Económicas, José María Linares; e o presidente de Centro Comercial Aberto de Foz, José Carlos Paleo.
Nesta tradicional cita participarán 44 establecementos comerciais e de hostalería. Os sorteos celebraranse cada venres do mes de novembro, a partir do día 8, ás 23:00 horas e en cada un deles entregaranse 300 euros en vales de compra ao Campañazo e outros 300 euros ao resto de cartóns premiados. O sorteo ofrecerase en directo a través de Radio Foz, no 107.4 da FM.
Os 31 comercios que participan nesta nova edición do Campañazo de Foz son: Alain Afflelou Óptica, Hola Ola, Asesoría Marcos Fernández, Kukadas, Casa Moreda, La Flor Abulense, Cenor Belianorte, Librería Bahía, Centro Dietética Alba Vila, Lourdes Moda Íntima, Centro Óptico Eliseo, María Docampo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, MRW, Decoraciones Pura, N1 en Zapatillas Foz, Decoraciones Pura Outlet, Ofifoz, Din & Don, Pastelería Anduriña, Don Zapato, Salai Campo, Electricidad Núñez, Suministros Veipa, Estación de Servicio Foz, Unique-2, Estanco nº2 (García Lorca), Vagaluz, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer e Viajes Rodríguez.
Aquelas persoas que participen no Campañazo deberán seguir os sorteos desde estes 13 locais de hostelería: A Antigua Bolera, A Viela, Acuario, As Brasas, Cafetería Express, Casa Damián, Happy Days, Meraki, O Lar, Pizzería Xoíña, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Xoyma. Desde alí deberán chamar a Radio Foz para cantar os premios.
Ademais, como novidade nesta edición do Campañazo, na emisora municipal, Radio Foz, emitirase A hora do comercio, un espazo semanal no que os comerciantes focenses falarán do seu sector e das iniciativas que poñen en marcha os seus negocios.
O Concello de Foz, a Xunta de Galicia e Radio Foz colaboran co CCA de Foz na organización do Campañazo 2019.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



