En Catalunya existe un conflito político que arrinca do proceso do novo Estatut entre 2006 e 2010. Despois dun pacto na Comisión Constitucional do Congreso que supuxo unha redución substancial dos máximos aprobados no Parlament e da aprobación plebiscitaria do texto pola cidadanía catalá, o PP recorreu de inconstitucionalidade o Estatut perante o Tribunal Constitucional (TC). O TC ditou sentenza en xuño de 2010 que declaraba inconstitucional case todas as ampliacións competenciais, o marco financeiro e máis a igualdade xurídica entre catalán e castelán. Como di o constitucionalista Pérez Royo, dende 2010 Catalunya non ten constitución territorial. A xeito de dez de últimas dentro do marco autonómico, Artur Màs tentaría pactar con Rajoy no 2012 un pacto fiscal rexeitado polo PP.
Dende entón o independentismo medrou de menos do 15% até preto do 47-48%. Ducias de pacíficas manifestacións (dende logo até o 14 de outubro último; o que pasou despois requiría dunha outra análise) con centos de milleiros de persoas na rúa e claras maiorías absolutas soberanistas nos Parlaments eleitos na fin de 2012, setembro de 2015 e decembro de 2017. Enquisas que amosan un 70% da cidadanía catalá a prol de poder decidir o seu futuro e dúas consultas cidadás (9-N 2014 e 1-Ou 2017) que, malia as súas evidentes carencias canda a emisión da vontade popular, si amosaron a existencia dun importantísimo sector cidadá que quere a independencia.
É nidio, pois, que o de Catalunya non é un problema de políticos que enganan a inxenuos cidadáns nin un problema de orde pública, senón un problema político que só se amaña a medio de solucións políticas.
Calquera demócrata de calquera parte do mundo aconsellaría escoitar á cidadanía catalá, como nos dous referéndums sobre a independencia de Quebec a respecto de Canadá ou o celebrado en Escocia en setembro de 2014. Por certo, os tres con resultado negativo á secesión e decididas de común acordo entre cadanseu Goberno estatal e territorial malia a falla dos alicerces constitucionais previos que permitiran cadanseu referéndum de independencia, suplidos pola doutrina do TC canadiano e polo acordo entre os Gobernos británico e escocés.
Os problemas políticos non se amañan con pao e Garda Civil. Amáñanse con diálogo. Dialogamos cos outros, con nosoutros mesmos só monologamos ou-peor aínda-, falamos sós. O diálogo, para ser efectivo, non habería ser eivado por límite legal ningún. Pola contra, habería estar garantido por mediadores pertencentes ao noso espazo político (a Unión Europea). Persoas neutrais, de grande prestixio europeo e internacional que sexan quen de ir tecendo alicerces sólidos para os necesarios acordos políticos, que de seguro requirirán mutacións constitucionais e estatutarias e futuros referéndums.
Non fica outra, logo, que pedirlle aos actores políticos (Gobernos estatal e catalán, partidos estatais e cataláns, quizais as organizacións da sociedade civil noutra Mesa de diálogo) que senten e falen.
Please, sit and talk.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



