A Mariña, 4 de novembro de 2019. Esta fin de semana volve o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento descansou durante a pasada Ponte de Todos os Santos e os días 8 e 9 de novembro chega a San Cibrao, Ribadeo e O Valadouro.
O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi.
A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coidada oferta gastronómica baseada en produto local, galego e de tempada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mariñáns saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean desprazamentos entre concellos e que a xente de fóra da comarca decida pasar unha fin de semana de outono na Mariña e desfrutar deste territorio con este motivo.
Os locais que acollen o Mes da Maxia son: A Marquesa, A Garita, Casa do Fidalgo, O Noso Lar, Hotel–Restaurante Javier Montero, Hotel Vila do Val, Mesón O Mazo de Ferreiravella, O Rincón do Mis, Area Grande, Parador de Turismo de Ribadeo, Mesón Camiño Norte, O Lar, Casa Rural A Penela, A Yenka, Hotel Val do Naseiro, Pousada O Almacén e Hotel O Cabazo.
Esta fin de semana o 8 de novembro o Mes da Maxia chegará ao restaurante O Noso Lar, en San Cibrao, co Mago Teto. O 9 de novembro será a quenda para Hotel–Restaurante Javier Montero, en Ribadeo, que contará co Mago Rafa, e para o Hotel Vila do Val, no Valadouro, onde actuará o Mago Teto.
A terceira fin de semana de novembro o día 15 o Mago Rafa deleitará cos seus trucos de maxia aos clientes do Mesón O Mazo de Ferreiravella, de Riotorto; e Pi estará no Rincón do Mis, en Foz. O día 16 o Mago Teto estará en O Vicedo no restaurante Area Grande e o Mago Teto no Parador de Turismo de Ribadeo.
Xa o 22 o Mes da Maxia chegará a Trabada. O Mesón Camiño Norte contará co Mago Rafa e O Lar, en Foz, gozará cos trucos do Mago Kiko. E o 23 Teto actuará na casa rural A Penela, en Mondoñedo.
O día 29 de novembro en A Yenka, en Barreiros, estará o Mago Kiko; e no Hotel Val do Naseiro, en Viveiro, o Mago Rafa; e finalmente o 30 de novembro o Mago Pi levará a maxia a O Almacén, en Cervo; e o Mago Rafa ofrecerá unha actuación no Hotel Restaurante O Cabazo, de Ribadeo.
Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas. Os prezos dos menús máxicos, que inclúen as ceas e os espectáculos de maxia, oscilan entre os 25 e os 30 euros. As ceas máxicas comezan ás 21:30 horas e constan de dúas partes, unha con maxia de preto entre prato e prato (máximo 70 persoas) e o espectáculo final (mínimo 20 persoas) que comezará unha vez sexan servidos os cafés. Para menú infantil, vegano, vexetariano e outras opcións ante intolerancias e alerxias a xente pode consultar previa e directamente co establecemento. Recoméndase non deixar a reserva para última hora e facelo canto antes, xa que as prazas son limitadas.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



