Lugo, 22 de novembro de 2019.- A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a concesión das axudas a deportistas indivisuais. Unha liña de axudas das que se benefican un total de 185 deportistas seguindo criterios obxectivos como os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais. A contía das axudas vai desde os 300 euros aos 1.500 euros, sumando un total de 85.500 €.
Esta achegas benefician a deportistas que practican deportes individuais, como atletismo, tiro olímpico, judo, natación, kárate, taekwondo, piragüismo, loita… deportes con menos visibilidade polo que moitas veces teñen máis complicadas as achegas de patrocinadores privados.
Algúns dos deportistas que reciben estas bolsas son nomes coñecidos como os atletas Adrián Ben, Saleta Fernández e Nuria López; a judoka Sara Álvarez Folgueira, o loitador Carlos Yobani García, o nadador Mauro Baliña.
Catro mulleres entre os cinco con maior puntuación
Catro das cinco bolsas de maior contía están destinadas a mulleres deportistas, e en total as mulleres suman o 43% das bolsas e do importe total das axudas, “unha mostra de que cando se aplican os criterios obxectivos, as mulleres deportistas son capaces de chegar aos mesmos niveis competitivos que os homes” sinalou a Vicepresidenta, Maite Ferreiro.
Ademais 5 das bolsas estaban especialmete dirixidas integramente a deportistas con capacidades diferentes, nunha clara aposta pola integración de todas as persoas, tamén no eido deportivo.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.