Foz, 23 de novembro de 2019. O Concello de Foz quere mostrar a súa alegría e felicítase da resolución da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), que desestimou definitivamente o recurso de reposición interposto no mes de febreiro de 2017 polos propietarios dos nove chalés da Areoura. Finalmente, neste mes de novembro de 2019, a APLU resolve negativamente o recurso potestativo de reposición, ordenando que se proceda á demolición á costa dos propietarios dos nove chalés da Areoura, como xa indicara en decembro de 2016.
Anunciouno hoxe, sábado, o alcalde, Fran Cajoto, quen explica que “nunha das praias máis emblemáticas do concello de Foz, no areal máis concorrido de Cangas, levamos máis de 40 anos sufrindo o feísmo dunhas estruturas en ruína polo paso do tempo e que constitúen un auténtico perigo para calquera persoa que se achegue a esa zona da costa. É unha mágoa que os veciños levemos tanto tempo agardando, pero empezamos a ver a luz ao final do túnel”.
Fran Cajoto engade que “é unha zona especial, que debe ser para desfrute de todos, como indica a Lei de Costas. Ao respecto quero destacar que a intención do equipo de goberno é dispoñer na zona que actualmente ocupan os chalés e a súa urbanización unha área recreativa cun amplo aparcadoiro, para poñer en valor a Areoura e o seu entorno como un referente na parroquia de Cangas e para todo Foz”.
Cabe aínda posibilidade de recurso perante o xulgado –indican desde o Concello de Foz- pero a resolución definitiva por parte dos técnicos e as conversas establecidas desde a Alcaldía, fannos ser optimistas e agardamos que os prazos non se dilaten máis no tempo.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



