Lugo, 27 de novembro de 2019. Un total de 15.532 mozas e mozos lugueses, con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, están chamados a participar no curso 2019-20 no programa de deporte escolar Xogade, financiado e promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que ao longo do ano celébranse competicións nas distintas comarcas da provincia, de carácter local, provincial e autonómico, con diferentes ligas e campionatos finais segundo cada caso. Os calendarios para cada unha das semanas publícanse na web https://xogade.xunta.gal
A través desta iniciativa, a Administración autonómica, en colaboración coas federacións e agrupacións escolares da provincia, ofrece un programa moi completo que inclúe 16 modalidades deportivas diferentes, coa estrea nesta tempada do piragüismo (atletismo en pista, bádminton, baloncesto, balonmán, campo a través, dúatlon, fútbol sala, natación, orientación, patinaxe artística, piragüismo, tenis de mesa, voleibol, xadrez, Xogando co atletismo e multixogo).
Entre as novidades para este curso cómpre salientar tamén que o Servizo Provincial de Deportes de Lugo prevé organizar de forma experimental seis xornadas de iniciación á escalada nas instalacións do Rocódromo do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Preto de 400.000 euros de investimento
Esta edición do programa Xogade terá un investimento próximo aos 400.000 euros destinados á organización de actividades, transportes e seguros. A Xunta garante os seguros deportivos para os rapaces entre 6 e 16 anos, para o que destina 265.000 euros neste ano. Tamén sufraga o gasto de transporte, para o que se dispón de preto de 500 autocares, e encárgase da organización das competicións, o que supón un importe de 123.000 euros.
O programa Xogade vai dirixido aos centros de ensino, ANPAs, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións etc. que o desexen. A inscrición realízase a través da aplicación informática www.deporteescolargalego.com, que se atopa vinculada á páxina: deporte.xunta.gal.
Balseiro lembrou que este programa da Xunta pretende fomentar que as nenas e nenos medren con hábitos de vida saudables, entre os que a práctica da actividade física regular é un dos máis importantes.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
