Madrid, 29 de novembro de 2019. O Ministerio de Fomento, a partir do luns, 2 de decembro, executará traballos de reparación en catro pasos superiores con tipoloxía de vigas prefabricadas, situados na estrada N-642, entre os p. k. 29,700 e 33,900, no termo municipal de Foz. O orzamento desta actuación ascende a 470.000 euros.
En tres dos pasos superiores o limitado gálibo vertical existente na actualidade entre a rasante da estrada N-642 e a cara inferior dos taboleiros, propiciou o impacto de vehículos nas vigas, o último deles no paso superior do p. k. 29,700 o pasado 24 de xullo, polo que se procederá ao aumento dos gálibos mediante gateo do taboleiro das estruturas.
Para a execución dos traballos previstos será necesario impoñer restricións ao tráfico na N-642, habilitándose o paso alternativo por un carril regulado por semáforos en horario diúrno e desvíos alternativos para a parte dos traballos de reparacións de vigas e as operacións gateo dos taboleiros que se executarán en horario nocturno, quedando todas elas oportunamente sinalizadas e indicadas.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



