Ribadeo, 6 de decembro de 2019. Acisa Ribadeo comezou a súa campaña de Nadal na que investirá 30.000 euros. O acendido da árbore da praciña de San Roque tivo lugar este xoves. Conta con mais de 1.000 metros de luces leds de diversos colores, 10 metros de altura e 5 de diámetro ademais dun panel frontal cos logotipos dos establecementos asociados a modo de publicidade dos mais de 160 negocios pertencentes á patronal ribadense.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, declarou que “queremos facer un Nadal especial, tanto para os nosos socios como para os clientes e visitantes. Temos a obriga de axudar aos nosos asociados a aproveitar ao máximo esta campaña, por iso nos envorcamos nela co maior presuposto da última década”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “o pasado 1 de decembro comezou o reparto, nos máis de 160 establecementos asociados, das 200.000 rifas da IX Festa do Comercio que rematará o 11 de xaneiro co sorteo de 4.000 euros en vales de compra, repartidos en tres premios presenciais de 2.000, 1.000 e 500 euros e outro non presencial de 500 euros. Nesta semana tamén repartimos as 15.000 novas bolsas para o comercio e 15.000 rueiros para os hoteis, ambos en colaboración co Concello de Ribadeo. Ademais entregamos 100.000 servilletas para bares da campaña da FCAM, así como case 400 bobinas para o comercio dun novo papel de regalo da asociación, que se presentará en próximas datas”.
Iriarte engadiu que “todo este material supuxo unha inversión de máis de 10.000 euros, o que cremos que é unha grande forma de traballar para os nosos asociados e asociadas, e tamén é unha forma de abaratar os custes dos establecementos que forman parte da asociación. Éstes son algúns dos beneficios que teñen por ser membros de Acisa Ribadeo”.
O presidente do colectivo empresarial fixo un chamamento “a todos os socios a que decoren os seus locais, fachadas, escaparates e barras, posto que o Nadal é unha época alegre e de celebración. Sempre chama máis a atención un pobo e os seus comercios decorados, que se non locen ningún motivo destas festas. Por iso convocamos un novo concurso de decoración con dous trofeos e 200 euros en premios para dúas categorías, unha de comercio e outra de hostalería, ao que queremos que se apunten tantos establecementos como sexa posible. Están a tempo para anotarse ata o vindeiro 22 de decembro”.
O xerente de Acisa anunciou que “a programación de Nadal se completará coa visita de Papa Noël o 22 de decembro. Estará na carpa de Acisa instalada no parque de San Francisco, de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Tamén teremos a visita dun Carteiro Real o 4 de xaneiro no parque San Francisco e co mesmo horario. Ademais o 26 de decembro ás 18:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo teremos un Storytime, teatro en inglés para nenos e nenas, a cargo da academia asociada Kids&Us, nunha aposta por entreter e divertir aos máis pequenos nunhas datas tan especiais para eles. A toda esta programación haberá que engadir outra gran actividade, que se presentará dentro duns días, na que Acisa colabora co Concello de Ribadeo”.
Iriarte salientou que “neste Nadal investimos 30.000 euros, o que supón en torno ao 25% do noso presuposto anual, para darlle ao comercio e á hostalería de Ribadeo un revulsivo nestas datas. Aportamos 10.000 euros en material, case 4.500 euros en diversos premios e sobre 15.000 euros sumando as diferentes actividades, as xa presentadas e as que quedan por presentar. Facemos todo isto porque cremos na necesidade de ofertar propostas diferentes ás que hai na nosa contorna, e porque os nosos socios e socias teñen que ver que merece a pena pagar as cotas, o que cremos que estamos conseguindo. Tamén queremos agradecer a colaboración do Concello de Ribadeo na edición dos materiais deste Nadal e á Xunta de Galicia pola colaboración nas actividades que organizamos”.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



