Barreiros, 7 de decembro de 2019. Dende a concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros en colaboración coas distintas asociacións do Concello queremos presentar unha programación de Nadal variada para que a veciñanza poda desfrutar de distintas actividades nestas datas tan especiais con opción para toda a familia.
O concelleiro Dani García afirma: “Arredor dunha vintena de acción e actividades compoñen o calendario lúdico de Nadal de Barreiros. Con esta programación queremos que a veciñanza poda desfrutar destas datas no seu Concello, cunha oferta de actividades para todos os públicos e que tanto as actividades organizadas por unha ampla variedade de asociación locais como polo propio Concello teñan unha maior e mellor difusión.”
AXENDA DE ACTIVIDADES
Domingo, 8 de decembro
Recollida Solidaria (xoguetes novos, xoguetes usados e material escolar)
Organizan conxuntamente as ANPAS dos Colexios de San Cosme e San Miguel
Lugar: Centro Sociocultural
Mércores, 11 de decembro
12:30h Videoconferencia do alumnado do colexio de San Cosme con Papá Noel
Lugar: Aula CEMIT
Venres, 13 de decembro
11:00h Videoconferencia do alumnado do colexio de San Miguel con Papá Noel
Lugar: Aula CEMIT
Sábado, 14 de decembro
Recollida Solidaria de alimentos non perecedoiros no Pavillón Municipal
Partidos Fútbol Sala Praias de Barreiros
– Benxamín A vs Santiago de Foz B
– Benxamín B vs Celeiro CDM
– Alevín vs Celeiro CDM B
– Infantil vs Celeiro CDM
– Cadete vs San Ciprián
– Senior Masc vs ADFS Bueu
– Senior FEM vs CD Burela FSF
Domingo, 15 de decembro
Fútbol Segunda Rexional: IBERIA-MEIRA As Valgas (San Miguel)
Mércores, 18 de decembro
Inauguración da exposición “Culturas en diálogo. Somos migrantes, abrimos camiños”. Coincidindo co Día Mundial das Migracións. (Ata o 31 de Decembro)
Lugar: Sala Colexios Vellos San Miguel.
Colabora: Seminario de Estudos “Os Espigueiros”
Venres, 20 de decembro
Concurso de Poesía e Debuxo de Nadal (Último día de prazo)
Organiza: OMIX Concello de Barreiros
22:00h Teatro: Estreo da Obra teatral “O Documento” Grupo Teatro colectivo Cultural Ollomao.
Lugar: Colexios Vellos San Miguel
Sábado, 21 de decembro
20:00h Representación da Obra teatral “O Documento” Grupo Teatro Colectivo Cultural Ollomao.
Lugar: Colexios Vellos San Miguel
Domingo, 22 de decembro
18:00h Representación da Obra teatral “O Documento” Grupo Teatro Colectivo Cultural Ollomao.
Lugar: Colexios Vellos San Miguel
Luns, 23 de decembro
11:00h Obradoiro infantil “Creación Adornos de Nadal”
Organiza: Concello de Barreiros
18:00h Teatro de Marionetas “O agasallo de Anya” de Trécola.
Lugar: Centro Sociocultural
Martes, 24 de decembro
11:00h Festa de Nadal: Recepción de Papá Noel, xogos, talleres etc.
Lugar: Centro Sociocultural en horario de mañá
Organiza: Concello de Barreiros
Venres, 27 de decembro
17:00h Parladoiro sobre Barriga Verde
Lugar: Colexios Vellos de San Miguel
Organiza: Seminario de Estudos “Os Espigueiros”
Domingo, 29 de decembro
18:00h Concerto de Nadal da Coral Polifónica de Barreiros
Lugar: Centro Sociocultural
Luns, 30 de decembro
18:00h Visita do Apalpador no Centro Sociocultural
Teatro: Estrea da Obra de teatro “Como está o patio” do Grupo Infantil Ollomao
Organiza: Colectivo Cultural Ollomao
Domingo, 5 de xaneiro
Carreira Popular Solidaria de REIS (Saída e chegada no Cascabeiro)
11:00h Andaina Solidaria de Reis
11:00h Categorías de menores
12:30h Carreira absoluta 7km
Organiza: Concello de Barreiros
Cabalgatas e recepción dos Reis Magos
16:30h Celeiro de Mariñaos: “Tarde de Reis”
Organiza: Asociación Irmandade San Caetano
19:00h San Miguel de Reinante: Recepción dos Reis Magos
Organiza: Asociación de Veciños de San Miguel
19:30h San Pedro de Benquerencia: Cabalgata e recepción dos Reis Magos
Organiza: CIR Benquerencia
20:00h San Cosme de Barreiros: Cabalgata e recepción dos Reis Magos
Organiza: Concello de Barreiros
Domingo, 12 de xaneiro
A partir das 11:00h: Preparatoria Campo a través comarcal (Categorías menores)
Lugar: As Valgas (San Miguel)
16:00h Fútbol Segunda Rexional
Derbi Barreirense “IBERIA-CELTA BARREIROS” As Valgas (San Miguel)






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



