A piques de entrar no 2020 a burocracia afoga a Administración autonómica e sobrancea en non poucas Administracións locais, sen que zafaran, neste senso, os gobernos locais dos alcaldes Caballero (Vigo), Ferreiro (A Coruña) nin o de Noriega (Compostela).
É verdade que o podium da ineficacia e da ineficiencia acádao por dereito propio a Administración que dirixe dende hai case once anos o presidente Núñez Feijóo, sobranceando a Administración de fomento industrial e empresarial, que dirixe o Conselleiro Conde. No 2018 de 89 M€ orzamentados para investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) só demos investidos 21,9 M€ (menos do 25%). Relátanme casos de empresarios agardando pola cancelación de avais do IGAPE sen vixencia dende hai dous anos que, porén, lles recurta capacidade de endebedamento bancario. Outros, cumprindo obxectivamente os requisitos para obter axudas suxeitas a programas estábeis, se lles di que a achega pode demorar tamén dous anos.
A Xunta dispón dunha rede de case douscentos axentes de desenvolvemento local cos que non sabe que facer. Haberíamos ser o país europeo onde máis doado fose crear unha empresa e somos campións europeos da burocracia ineficiente mentres a poucos quilómetros Portugal amósase como referente industrial e tecnolóxico, malia os seus déficits formativos.
Qué dicir dos servizos sociais? Na primavera de 2018 12.000 persoas galegas agardaban polas axudas da dependencia e 17.000 pola avaliación do seu grao de discapacidade. O trámite municipal e a decisión autonómica atrasa a concesión da renda social de integración (RISGA) na cidade de Vigo unha media de 106 días, cando os seus solicitantes son persoas en situación de extrema urxencia vital, sen ningunha caste de ingresos regulares para facer fronte á súa supervivencia. Persoas en situación de total vulnerabilidade sofren trámites longos, cando as novas tecnoloxías permiten resolver a concesión de axudas sociais dando unha única vez, a medio do cruzamento de dados (logo da atinxente autorización persoal) entre as Administracións.
Velaí, por certo, unha das avantaxes da renda básica universal: substitúe un conxunto de axudas e pagas de grande custo en xestión por unha renda de concesión incondicionada permitíndolle destinar os recursos materiais e persoais ocupados nestas xestións á detección temperá de toda caste de realidades ou riscos de exclusión social.
Precisamos dunha Administración áxil, moderna, empática e eficiente. No 2020 o soberanismo galego habería priorizar a busca de solucións á burocracia ineficiente que sobrancea na Administración autonómica e pexa o noso crecemento económico e a nosa sostibilidade social.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.