Lugo, 12 de decembro de 2019.- O xurado acordou por unanimidade outorgar o Premio Otero Pedrayo 2019 ao historiador Ramón Villares e ao escritor Paco Martín ex aequeo. O fallo coñeceuse tras a reunión mantida esta tarde na Sala de Xuntas da Deputación de Lugo, que se encargou de organizar o galardón nesta edición.
A área de Cultura da Deputación de Lugo presentou a candidatura do escritor lucense mentras que a Deputación de Ourense e a Fundación Otero Pedrayo presentaron a do historiador chairego. A Asociación Oral de Galicia, de Vigo, presentou a candidatura do filólogo e estudoso da literatura de tradición oral Domingo Blanco.
Os galardoados repartirán os 16.000 euros cos que está dotado o premio que ten por obxecto recoñecer e homenaxear “persoas ou entidades egrexias no campo das letras e do coñecemento” e promocionar “os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e a mellora da súa cidadanía e institucións”.
O Premio Otero Pedrayo recae en dúas persoas por segundo ano consecutivo. En 2018, compartírono a pedagoga Antía Cal e a escritora María Xosé Queizán
Composición do xurado
O xurado está composto por representantes da Xunta de Galicia, das catro deputacións provincia, das tres universidades, da Real Academia Galega, do Instituto Padre Sarmiento e da Fundación Otero Pedrayo. O secretario xeral de Cultura Anxo Lourenzo e a vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro exerceron como presidente e vicepresidenta do xurado.
Acto de entrega
Paco Martín e Ramón Villares recibirán o Premio Otero Pedrayo o vindeiro 20 de decembro no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Os premiados
Paco Martín é un dos autores de referencia da literatura infantil e xuvenil en galego, posición na que se situou coa publicación de Das cousas de Ramón Lamote, título traducido a varios idiomas e polo que foi recoñecido internacionalmente.
A súa traxectoria na literatura foi parella a súa actividade como docente na que destacou como promotor de movementos de renovación pedagóxica como Nova Escola Galega e da elaboración de materiais didácticos en galego.
Catedrático de Historia Contemporánea, Ramón Villares é autor de numerosas investigacións e publicacións de historia agraria, cultural e política, ademais dun recoñecido estudoso da obra de Otero Pedrayo.
En 2006, ingresou na Real Academia Galega cun discurso arredor da traxectoria do escritor ourensán, que retomou recentemente co ensaio “Fuga e retorno de Adrián Solovio” (Galaxia, 2018).
O historiador chairego, que foi reitor da Universidade de Santiago entre 1990 e 1994, ocupou a presidencia do Consello da Cultura Galega desde 2006 ata 2018.






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



