Ribadeo, 18 de decembro de 2019. A Concellaría de Mocidade organiza dous obradoiros tecnolóxicos dirixidos aos mozos e mozas ribadenses. Estes talleres serán sobre Iniciación á Robótica e Iniciación á Programación de Móbiles Android.
O obradoiro de Iniciación á Robótica terá lugar o 26 de decembro na Aula CeMIT de Ribadeo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os destinatarios son mozos e mozas de 11 anos en adiante.
A concelleira Mariluz Álvarez Lastra sinala que “esta actividade iniciará ás nenas e nenos na programación dun xeito entretido”. A bondade máis importante da robótica é separar ao alumno da pantalla e facer que interactúe co mundo real a través dos sensores e dos actuadores dun robot. O taller constará de superar mini-retos, e a resolución de cada un deles instruirá ao alumno nun algoritmo distinto de programación.
O obradoiro de Iniciación á Programación de Móbiles Android celebrarase o día 27 de decembro na Aula CeMIT de Ribadeo en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os destinatarios son mozos e mozas de 12 anos en adiante. A actividade iniciará ás nenas e nenos na programación no sistema operativo Android. Os rapaces e as rapazas participantes deberán levar un móbil Android e o cable USB para conectar o portátil.
A edil de Mocidade dixo que “o prazo de inscrición abriuse o luns e pecharase mañá xoves, 19 de decembro, ás 13:00 horas. As persoas interesadas poden anotarse de maneira presencial na Casa da Xuventude ou nos teléfonos 982 120 732 e 982 129 889. As prazas para cada obradoiro asignaranse mediante sorteo público realizado na Casa do Concello, o día 20 de decembro”.
Álvarez Lastra anima “a todas aquelas rapazas e rapaces que teñan inquedanzas coas novas tecnoloxías a que se apunten e que vaian experimentar con estes dous obradoiros”.
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



