Ribadeo, 31 de decembro de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, na súa mensaxe de fin de ano asegurou que o seu equipo afronta o 2020 con moita ilusión por seguir facendo moitas cousas por Ribadeo e polos ribadenses. E agarda contar coa colaboración e a axuda da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e do Goberno do Estado. Suárez Barcia aludiu a unha frase de Castelao: “traballaremos para converter os soños en realidades e as ideas en feitos”.
Na mensaxe publicada nas redes sociais o alcalde dixo: “benqueridos conveciños de Ribadeo, da nosa comarca e tamén do Occidente de Asturias. Hoxe remata un ano e con el moitas vivencias, positivas ou negativas, quedarán atrás nunhas horas. Sen dúbida é tempo de facer balance, pero tamén de ollar ao futuro con ilusión. Dentro de poucas horas estaremos xa no ano 2020, nun tempo que nos toca vivir a nós, á nosa xeración, desde o global, con moita intensidade, con moitas incertezas, con moitas inquedanzas, diría eu, con moitos debates tamén de como enfocar os nosos problemas, contra o cambio climático, coa aposta necesaria por uns servizos públicos de calidade, etc…”.
Para Fernando Suárez “desde Ribadeo, desde o local, tamén temos moito que facer e moito que seguir traballando. Se ben hai uns meses a maioría da cidadanía de Ribadeo quixestes que o meu grupo e máis eu seguísemos ao fronte do goberno de Ribadeo, hoxe, neste momento, podémosvos dicir que afrontamos este novo ano con moitísima ilusión por seguir facendo moitas cousas dentro das posibilidades dun concello como é o de Ribadeo”.
O alcalde subliñou que “queremos e habemos seguir loitando pola vila e polas parroquias, pola vila e polo campo. Queremos e habemos seguir a traballar polos nosos sectores económicos, como o comercio, o turismo, etc… Queremos seguir traballando polos nosos maiores, tanto nas actividades de lecer ou de benestar que ofrecemos desde o Concello, como tamén nese proxecto ambicioso que é o de adaptar o hospital asilo aos requerimentos legais de hoxe en día, para que os nosos avós e as nosas avoas se sentan moi a gusto nestas novas instalacións, como xa se senten os que están na residencia de maiores de Ribadeo. Así tamén non nos habemos esquecer da nosa xuventude e das actividades culturais, formativas e de lecer que lles queremos desenvolver neste ano 2020”.
Suárez Barcia engadiu: “é certo que para todo isto necesitaremos axuda. Confiemos na Xunta de Galicia, a ver se neste novo ano, non sei se porque vai ser ano electoral autonómico, se compromete de verdade con Ribadeo, verémolo. Confiaremos de novo na Deputación, sabemos que o fixo moi ben nestes últimos anos e confiemos que siga sendo así. Tamén, como non, estamos esperanzados por este posible novo goberno do Estado, que parece que se vai formar nas próximas horas ou nos próximos días. Temos varios proxectos municipais nos caixóns dos distintos Ministerios, que levan anos alí gardados sen que os gobernos anteriores moveran un dedo por ningún deles. Veremos agora se hai con quen falar, desde logo que o beneficio da dúbida si que o van ter e si que o teñen desde agora mesmo. Queda polo tanto moito traballo, pero que con moita ilusión traballaremos, como dicía o mestre Castelao, para converter os soños en realidades e as ideas en feitos”.
A mensaxe de fin de ano do rexedor ribadense rematou desexando un feliz aninovo a todxs: “boa noite de fin de ano a todos e a todas, feliz aninovo 2020. Saúde, terra e que viva Ribadeo”.
https://www.facebook.com/1353549409/posts/10217034394236054/?d=n























Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



