Burela, 8 de xaneiro de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, agarda que durante este mes de xaneiro dean comezo as obras de mellora na estación de autobuses e de tren, que foron anunciadas hai algunhas semanas pola Xunta de Galicia. O rexedor considera necesario seguir apostando por uns servizos públicos de calidade e avoga por recuperar as xuntanzas e o traballo da comisión do ferrocarril constituída no seu día por Concellos da Mariña, de Ortegal e de Ferrolterra con representantes da Xunta, de Adif e de Feve. Ademais a Alfredo Llano non lle parece ben que se instalen máquinas para vender billetes do tren de vía estreita. O alcalde cre que é necesario manter os servizos e os postos de traballo.
Llano pensa que “é importante para Burela un arranxo e unha mellora na estación de tren e de autobuses que temos na nosa vila. Pensamos que é unha necesidade urxente, xa debera estar feita esa obra porque, a medida que pasa o tempo, si que se ve deterioro e falta de mantemento”.
O rexedor lembrou que “tiñamos xa un acordo que presentamos na propia estación de autobuses e do tren de Feve. É un proxecto que ten a Xunta para mellorar a estación de Burela en varios aspectos importantes como o asfaltado do estacionamento de autobuses, a pintura da propia estación e melloras no interior en luces e mobiliario. Quedaramos que en xaneiro ían comezar as obras e agardo que este mes, a partir da segunda quincena, empecen estas obras que tanto tempo levamos esperando por elas”.
Alfredo Llano considera que “é fundamental mellorar a estación de tren e de autobuses porque nosoutros consideramos que estes servizos públicos son moi importantes para o desprazamento e o servizo que se debe ter na Mariña. Polo tanto imos seguir apoiando este servizo público e, sobre todo, pensando no tren. Hai que recuperar aquelas conversas que víñamos tendo de representantes da Mariña, xunto con compañeiros de Ferrolterra e de Ortigueira, que estábamos nunha comisión onde figuraban tamén responsables de Feve, de Adif e da Xunta de Galicia, sempre procurando que o servizo de vía estreita se manteña con interese e que realmente se vexa que se están facendo as cousas na medida de procurar unha mellora integral do tramo desde Ferrol ata Asturias”.
Para o alcalde burelés: “hai que pensar que consideramos este medio como un instrumento válido para o desenvolvemento integral da Mariña tanto no transporte de viaxeiros como de mercancías, como un bo método para facer trens de interese turístico. Pensamos que se debe seguir apostando por este servizo público. En canto agora se consolide o goberno do Estado e poidamos volveremos restablecer esas reunións para procurar, entre todos, estar constantemente preocupados e reclamando que este servizo público non soamente se manteña senón que se mellore”.
Alfredo Llano engadiu que “hai un anuncio, que está posto na estación de Burela, de substituír a unha persoa que despachaba os billetes por una máquina. Xustifican esa medida para aquelas estacións nas que haxa menos de cen usuarios diarios. Isto non vai na filosofía que nosoutros queremos aplicar, que é unha mellora integral de todo o servizo, con mellores trens, con horarios completos, con máis proximidade á xente como o tren que temos reclamado entre Ribadeo e Viveiro, que podería facer moi boa labor na nosa comarca. Estamos pedindo que se mellore todo de forma completa, as estacións, as vías, as pontes e todo aquilo necesario para ter un servizo con futuro. Todo iso non vai co anuncio de substituír unha persoa por unha máquina cando os postos de traballo deben ser un fiel reflexo de que se está apostando por un determinado servizo. Polo tanto imos intentar que se fagan as melloras necesarias en todo o equipo técnico, pero tamén que non se perdan postos de traballo”.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



