Viveiro, 8 de xaneiro, 2020. Para cumprir co proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións que axuden aos concellos a realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT. Ditas actuacións realizaranse o próximo xoves 9 de xaneiro no centro de extensión de cobertura de Covas. O proceso consiste no apagado neste centro dalgunhas frecuencias de emisión actuais e acendido nas novas frecuencias asignadas. Deste xeito, os beneficiados poderán desfrutar das canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma:
·Canle 26 (MPE4): Boing, Energy, Mega, 13TV.
·Canle 28 (MPE3): Telecinco, Cuatro, Divinity, FDF, T5 HD, Cuatro HD.
·Canle 31 (MUX AUTONOMICO): TVG, TVG2, GHD, G2HD
·Canle 36 (MPE5): TVG, TVG2, GHD, G2HD.
·Canle 32 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova, A3 HD, Sexta HD.
·Canle 41 (RGE2): TDP, TDP HD, Clan HD, DKiss, Ten.
·Canle 44 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Dmax, Gol
·Canle 47 (RGE1): TVE1, TVE1 HD, TVE2, TVE2 HD, Clan, 24H.
Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada dos devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -881 866 388- ou na web www.tdtgalicia.gal. A continuación, bastará con realizar unha busca das canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



