Ribadeo, 16 de xaneiro de 2020. O Concello de Ribadeo comezará o vindeiro luns, 20 de xaneiro, o programa interparroquial que se ven realizando desde hai seis anos nos teleclubs e nas escolas unitarias das distintas parroquias.
O proxecto, denominado Aquí? Como de 20!!!, conta con dúas vertentes que son as Tardes de Lecer e o Movemento Activo. Durante esta semana procederase á inscrición das persoas que queiran participar en calquera das dúas actividades que son gratuítas.
O programa Tardes de Lecer desenvolverase nas parroquias de Ove, Vilaframil, Vilela, Cinxe, Rinlo, Cedofeita, Santalla, Remourelle, Vilaselán, As Anzas, Couxela e Ribadeo.
As actividades terán lugar de 10:00 a 12:30 horas na Escola de Ove os martes e na Escola de Vilaframil os venres. De 15:30 a 18:00 horas na Escola de Vilela os luns, na Escola de Cinxe os martes, na Escola de Rinlo os mércores, na Escola de Cedofeita os xoves e no Teleclub de Santalla os venres. Tamén haberá actividades de 18:30 a 21:00 horas na Escola de Remourelle os luns, na Escola de Vilaselán os martes, na Casa da Xuventude de Ribadeo os mércores, na Escola das Anzas os xoves e no Teleclub de Couxela os venres.
No momento da inscrición facilitarase o calendario das clases de ximnasia do programa Movemento Activo. Para calquera das actividades programadas en cada lugar terá que haber un mínimo de seis persoas para que se poida realizar.
As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao número de teléfono 652 98 40 54.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



