Cervo, 17 de xaneiro de 2020.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e edil de Facenda, Dolores García Caramés, presentaron hoxe un avance dos orzamentos previstos para o este ano 2020 que se están ultimando, e que será aprobados no vindeiro pleno ordinario a finais deste mes de xaneiro.
O rexedor explicou que a partida para este exercicio ascenderá a 6.647.687,77 euros, “un orzamento prudente e responsable condicionado á situación de incerteza que atravesa Alcoa, e, consecuentemente, toda a comarca da Mariña, dada a inexistencia desas medidas urxentes e imprescindibles para garantir o presente e o futuro da nosa zona”.
Neste senso, as cifras que “avanzamos están cimentadas nos principios da eficiencia da xestión do gasto público e reflicten a aposta decida deste equipo de goberno pola estabilidade e a sustentabilidade financeira”, precisou.
O rexedor destacou o peso da partida destinada aos gastos de persoal, que abrangue case a metade das cifras globais -3.035.572,32 euros concretamente-, “e que é reflexo da aposta do Concello pola xestión directa da gran maioría dos servizos que ofrece á veciñanza, como pode ser, a modo de exemplo, o saneamento, a recollida de lixo, ou o abastecemento de auga; ademais do servizo da Escola Infantil ou da Piscina municipal, entre outros moitos”.
Pola súa banda, Caramés tamén quixo incidir na relevancia que teñen no orzamento as políticas de fomento do emprego “cuxo exemplo máis significativo son as bolsas de formación remunerada para a mocidade”, para o que se destinan 140.000 euros do orzamento municipal.
Seguimos, así mesmo, –engadiu- apostando pola dinamización e a activación social no noso municipio, ofrecendo axudas directas ás diferentes asociacións e clubs do municipio, e diriximos unha aportación importante a aqueles apartados que consideramos esenciais como son a educación –con axudas que volvemos dispoñer para o transporte do alumnado, para as familias, para os centros educativos e as ANPAS-, a cultura, o deporte –tanto para o mantemento das nosas instalacións como para axudas ás entidades-, os servizos sociais –cunha importante partida tanto para a súa xestión directa como para a colaboración con diferentes organizacións- ou mesmo o turismo, no noso municipio.
Villares precisou que estas contas manteñen as liñas que vimos marcando nestes anos baseadas “na aposta polo mantemento da calidade na prestación do servizos públicos”, pola vía da racionalización do gasto e do necesario cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.




















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



