FOZ / O VALADOURO.- A delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, anunciou que as obras de mellora das estradas LU-162 e LU-152, que afectan aos concellos de Foz e o Valadouro, estarán rematadas no primeiro terzo do 2011. O obxectivo destas actuacións é “incrementar a seguridade dos usuarios das dúas vías de comunicación, á vez que se crea emprego e se mobiliza a actividade económica ligada á construción pública”.
Nota de Prensa
RAQUEL ARIAS ANUNCIA QUE AS OBRAS DE MELLORA NAS ESTRADAS DA MARIÑA LU-152 E LU-162 ESTARÁN LISTAS NO PRIMEIRO TERZO DO 2011
* A delegada territorial, que visitou hoxe o tramo no que se executarán as obras na localidade focense, asegurou que a actuación servirá para rehabilitar o firme e dotar de beirarrúas varios tramos
* A representante do Executivo galego sinalou que estes traballos comezarán durante o verán e suporán un investimento conxunto que ronda os 3,2 millóns de euros
* O obxectivo destas actuacións é “incrementar a seguridade dos usuarios das dúas vías de comunicación, á vez que se crea emprego e se mobiliza a actividade económica ligada á construción pública”, segundo destacou Arias
Foz, 9 de abril de 2010.- A delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, anunciou hoxe que as obras de mellora das estradas LU-162 e LU-152, que afectan aos concellos de Foz e o Valadouro, estarán rematadas no primeiro terzo do 2011.
A delegada visitou as estradas, sobre as que se prevén actuacións que suman un investimento de 3,2 millóns de euros.
Na LU-162 realizaranse traballos ao longo de toda a vía, que suporán un investimento de 2.118.192 euros. O prazo máximo de execución é de seis meses e comezarán no verán, xa que o tratamento do aglomerado obriga a agardar ao tempo seco.
A delegada valorou a importante mellora dos servizos que implican estas obras, así como as que se acometerán en diversos tramos da antiga estrada LU-152, ás que se destinan 1.023.123 euros.
Arias afirma que ambos investimentos pretenden “incrementar a seguridade dos usuarios das dúas vías de comunicación, á vez que se crea emprego e se mobiliza a actividade económica ligada á construción pública”.
A estrada que comunica Ferreira do Valadouro e Cangas de Foz ten unha lonxitude de 12,4 quilómetros, nos que se mellorará o firme así como as interseccións, para incrementar a súa funcionalidade e a seguridade viaria. Ao mesmo tempo, axustaranse as barreiras metálicas á normativa vixente.
Adecuación das travesías da LU-152
Polo que respecta aos traballos na estrada LU-152, centraranse especialmente nas travesías, ademais de reforzar o firme nalgúns tramos do antigo trazado que agora serven de acceso a vivendas ou fan función de carrís de servizo.
No concello do Valadouro actuarase sobre os primeiros 300 metros da estrada -a travesía que chega ata o campo de fútbol-, construíndo beirarrúas en ambas marxes, a rede de drenaxe para augas pluviais, un sistema de pozos sumidoiros e a rede de iluminación pública.
O concello de Foz verá melloradas as travesías de San Acisclo, Santa Cecilia e San Martiño. Na primeira mellorarase o firme, construiranse beirarrúas e completaranse os traballos coa reposición da rede de abastecemento e a instalación da rede de drenaxe de augas pluviais e a rede de iluminación.
Na zona da ponte vella de San Acisclo, co obxecto de preservar o seu valor histórico e patrimonial, optouse por realizar unha actuación particular, consistente na pavimentación da zona destinada a tráfico rodado con empedrado de formigón envellecido e a destinada a peóns cun lousado de pedra granítica do país.
En Santa Cecilia proxéctase a execución de beirarrúas en ambas marxes ao longo de 300 metros e a construción de dotacións similares as anteriormente descritas no abastecemento, recollida de pluviais e alumbrado.
Por último, en San Martiño levaranse a cabo traballos coas mesmas características, contemplando neste caso a construción de beirarrúas ao longo de 500 metros.
Paralelamente, como se dixo, reordenaranse os accesos á estrada dende vías ou vivendas próximas en distintos puntos quilométricos da estrada. O conxunto das obras na LU-152 teñen un prazo de execución de oito meses.
Raquel Arias visitou a zona, deténdose na travesía de San Acisclo, acompañada polos alcaldes de Foz, José María García Rivera, e O Valadouro, Eulogio Fernández Sampayo.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



