Chus Vázquez Conde é un profesional galego do asesoramento de empresas que compatibilizou unha intensa actividade profesional e corporativa co activismo social e co compromiso político. Dende hai dous anos foi diagnosticado de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), cun prognóstico de sobrevivencia menor a cinco anos. Chus reclama unha inmediata reforma lexislativa que despenalice a eutanasia e garanta a posibilidade, para él e para todas as persoas afectadas, de decidir libremente, canda a súa familia e amigos, se quere ou non pór fin á súa vida.
A ONG Dereito a Morrer Dignamente en Galicia e o partido En Marea desenvolveron ao longo dos últimos meses importantes iniciativas para garantirmos o dereito á morte digna. O voceiro mareante, Luis Villares propuxo este verán constitucionalizar como dereito fundamental o dereito á morte digna, conectándoo co dereito fundamental á vida do artigo 14 da Constitución, que habería ser entendido como dereito a vivirmos dignamente. Pois que a morte non é senón a derradeira fase da vida.
O 87% da cidadanía do Estado está pola despenalización da eutanasia. Cómpre, pois, aproveitar a actual conxuntura de maioría parlamentaria progresista para aprobar unha lei orgánica que delimite o artigo 14 da Constitución nos termos expostos por Villares, despenalizando ao tempo as condutas de auxilio ao suicidio penadas no artigo 143.4 do Código Penal que se refiran ás válidas decisións persoais que acorden pór fin á súa vida cando padezan graves doenzas que producen das súas resultas, quer a morte, quer padecementos permanentes malos de aturar.
Mais a propia doutrina dos dereitos humanos ten de definir os límites da decisión persoal liberadora que lexitime esta política pública. De ningún xeito o sistema público de saúde e servizos sociais, alicerzándose en razóns de aforro económico, pode inducir ás persoas que sofran graves doenzas non curábeis ou graves e permanentes discapacidades para que escollan pór cabo da súa vida. Poida inducir a estes colectivos de persoas vulnerábeis para que elixan, sen liberdade real, pór remate da súa vida por mor da falla de dotación de recursos públicos para atender as súas necesidades. Mesmo, nalgúns casos, para evitaren que sexan as súas familias as que carguen coa pasividade culpábel do sector público.

















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



