Viveiro, 22 de xaneiro de 2020. O Concello de Viveiro remitiu hoxe á Cruz Vermella de Lugo unha carta para pedir explicacións polo uso que ten a día de hoxe o local ubicado na avenida Martín Ledesma.
En febreiro de 2013, o concello recibiu un escrito da Cruz Vermella de Lugo solicitando a denuncia do convenio que tiñan suscrito coa corporación municipal e coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro para a realización de obradoiros de estimulación cognitiva na súa sede.
“No escrito, explicábase que esa denuncia estaba motivada, entre outras cuestións, na necesidade de destinar o local a realizar accións dirixidas a paliar os efectos da crise económica entre a poboación máis vulnerable e que non se podían levar a cabo debido á ocupación do local, unha postura coa que estabamos dacordo”, lembra a alcaldesa, María Loureiro.
As accións eran as seguintes: actividades de reforzo escolar e traballo social coas familias; búsqueda de emprego para as persoas máis afectadas pola crise; talleres de búsqueda de emprego e prelaborais; aula de castelán, alfabetización e preparación da ESO; entrega de kits sociais (alimentación familiar, alimentación para bebés e hixiene) e servizos de proximidade para persoas maiores.
A raíz da renuncia ao convenio referido polas razóns expostas, o concello reubicou os obradoiros de estimulación cognitiva para enfermos de alzheimer noutras instalacións municipais, mantendo a colaboración coa asociación.
Na actualidade, o local da Cruz Vermella está sendo utilizado para o desenvolvemento da actividade dunha autoescola, polo que este concello entende que non se lle está dando o uso referido no escrito anterior nin ningún outro vinculado o seu uso propio.
Tendo en conta todo canto antecede e que para a construción do inmoble se realizaron donativos dos veciños e veciñas de Viveiro, é polo que o concello solicita á Cruz Vermella Lugo as explicacións oportunas sobre o uso actual do inmoble e, tendo en conta que non se está a utilizar para o seu fin propio, a realización dos trámites necesarios para a súa cesión ao concello.


















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



