LALÍN .- A asociación de Gaiteiros Galegos celebra o XV Xantar Gaiteiro en Lalín o domingo, día 11 de abril. Esta entidade conta 800 asociados e asociadas distribuídas por todas as comarcas galegas e na Galiza exterior.
Nota de Prensa
A ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS CELEBRA EN LALÍN O XV XANTAR GAITEIRO
O vindeiro domingo 11 de Abril Lalín acollerá a numerosos gaiteiros e gaiteiras que encherán de música tradicional as rúas da cidade
A Asociación de Gaiteiros Galegos é a única asociación de persoas vencelladas á música tradicional que abrangue a todo o país galego
Lalín 11 de Abril de 2010. Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos convida a todos os seus soci@s e persoas amantes da música tradicional galega ao Xantar Gaiteiro. O lugar escollido para a celebración desta XV edición é a cidade de Lalín, concretamente o restaurante Agarimo, onde os asistentes poderán disfrutar dun menú consistente en cocido galego e postres tradicionais como son as filloas, o leite fritido ou o queixo con marmelo.
O Xantar Gaiteiro é un encontro anual, organizado pola AGG, que vai pola súa 15ª edición e que cada ano se materializa nunha cidade ou vila, tratando de achegar esta celebración a todos os puntos da xeografía galega. Segundo informou o presidente da AGG, Santiago Caneiro “dende a Asociación de Gaiteiros Galegos traballamos para cohesionar a ese enorme colectivo de persoas que levan anos traballando para normalizar a presenza da nosa música na sociedade, pretendemos que os sons dos nosos instrumentos tradicionais sexan habituais nas rúas, nos medios de comunicación social, nas festas, e en todos aqueles espazos físicos e temporais nos que a música ten cabida”. Con estas declaracións Santiago Caneiro fixo referencia á importancia de manter xuntanzas como o Xantar Gaiteiro que serven para poñer en contacto ás persoas que, dende distintos puntos do país, traballan co obxectivo común de espallar e conservar a música tradicional.
Para asistir a este xantar o único que hai que facer é poñerse en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos a través do teléfono 986 84 70 74 ou do correo electrónico na dirección secretaria@gaiteirosgalegos.com
A ÚNICA ASOCIACIÓN, DE AMBITO GALEGO, CREADA PARA DEFENDER A DIGNIDADE DA MÚSICA TRADICIONAL
A AGG conta neste momento con 800 asociados e asociadas distribuídas por todas as comarcas galegas e na Galiza exterior. A través dos seus asociados a AGG ten presenza na maior parte das asociacións e colectivos culturais que desenvolven actividades en torno á música tradicional no país. A AGG é a entidade asociativa máis representativa e con maior peso específico no tocante á música tradicional en Galiza.
A comezos da década dos 70 tiveron lugar en Ortigueira as primeiras xuntanzas de gaiteiros e artesáns coa común preocupación de unificar criterios deste gremio de profesionais. Pero foi o 28 de maio de 1988 cando Antonio X. Castro, Xosé Vicente Ferreirós (membro de Milladoiro), Xosé Fernández Costas, Xosé Álvarez Marías, Ricardo Santos, Xosé Domingos Fuciños, Xoan Dominguez Silvar, Xoán Xosé Fernández forman a primeira Xunta Xestora na que actuaría como presidente provisorio o finado e emblemático gaiteiro de Viascón Ricardo Portela.
As primeiras actuacións desta primeira xunta xestora foron dirixidas a estructurar o que hoxe é a AGG. Creáronse vocalías nas vilas e cidades galegas e comezouse unha campaña de implantación que acadou uns cento cincuenta socios entre gaiteiros, percusionistas, artesáns, musicólogos, investigadores e xente en xeral vinculada ao mundo da cultura galega. Así botaba a andar a única asociación de músicos tradicionais con implantación en todo o país galego.





















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



