Lugo, a 27 de xaneiro de 2020. Mentres os membros do Goberno de España practican o xogo da confusión con respecto á fecha en que chegará a Galicia o AVE, os servizos convencionais de ferrocarril con destino ou saída de Lugo sofren cada día incidencias a causa do envellecemento das infraestruturas e do material rodante. A maiores, Renfe teima no seu intento de pechar o servizo de venda presencial de billetes en tres estacións da provincia, aínda que parece que temporalmente a presión institucional (desde a propia Xunta aos concellos) e social fixo que reconsidere tal medida. Os populares presentan iniciativas en distintos ámbitos institucionais para esixir para Galicia, en xeral, e para Lugo en particular os servizos de calidade que precisa. O Grupo Provincial Popular espera que os grupos que conforman o goberno da Deputación apoien a moción que neste senso presentará na sesión plenaria de mañá.
Os deputados provinciais do PP din que os lucenses non entenderían que o goberno presidido por Xosé Tomé votase contra unha proposta para instar ao Goberno a que rectifique a súa decisión de deixar sen servizo de venda presencial de billetes ás estacións ferroviarias de Burela, Sarria e Viveiro e a tomar as medidas oportunas para garantir o mantemento deste servizo nestas estacións, sen impoñer á administración local abrigas de financiamento dunha competencia exclusivamente estatal.
Tampouco sería entendido polos cidadáns lucenses que socialistas e nacionalistas non apoiasen a reclamación ao Goberno presidido por Pedro Sánchez para que presente un cronograma real e actualizado sobre a evolución das obras do AVE en Galicia, o inicio do período de probas e as previsións de posta en servizo.
Ninguén pode negar que as infraestruturas ferroviarias que serven a Lugo están obsoletas na súa maior parte. Polo tanto, é de esperar, din os populares, que Tomé e os deputados socialistas e nacionalistas apoien a demanda ao Goberno de que se melloren as infraestruturas ferroviarias galegas en territorio lucense e se renove o material rodante mediante unha actualización progresiva do mesmo.
Na moción que se debaterá mañá, indícase con respecto ao peche da venda presencial de billetes como foi a secuencia entre a decisión do Goberno de pechar este servizo e a de mantelo provisionalmente. O Goberno decidiu no seu momento que a partir do 31 de decembro de 2019 quedarían sen o citado servizo oito estacións ferroviarias de Galicia, concretamente: na de Ortigueira, na Coruña; en tres da provincia de Lugo: Burela, Sarria e Viveiro; en dúas da provincia de Ourense: O Carballiño e Ribadavia; e dúas da provincia de Pontevedra: Guillarei (Tui) e Redondela. Dise na moción: «Ante o peche das taquillas, a única alternativa presencial que se lles ofreceu inicialmente aos usuarios foi adquirir o billete a través de Correos. Sen embargo, esta sociedade estatal aplica un suplemento do 5% ao prezo de billete. lsto supón un novo encarecemento, xa que a, principios de ano, Renfe subiu o custo dos billetes nun mínimo dun 1% en función do traxecto. Ante o malestar evidente que esta medida está a provocar nos usuarios, o 15 de xaneiro o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana anunciou a súa intención de manter só dun xeito provisional este servizo,”mentres se buscan solucións definitivas mediante acordos de colaboración con deputacións e concellos interesados en manter a venda presencial”».
Por outro lado, os populares indican que «a decisión do Goberno socialista de suprimir o servizo de venda presencial de billetes nalgunhas estacións, tres delas na nasa provincia, e ás continuas incidencias que hai en liñas que serven a Lugo, súmanse os novos retrasos recoñecidos para a posta en servizo do AVE que debería unir o noso territorio coa Meseta». Agregan: «O informe elaborado polos técnicos da Xunta o pasado outubro xa aseguraba que as obras non ían acabar a finais de 2019, tal e como comprometeran o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o ministro de Fomento, Ábalos. E é evidente que as obras non acabaron en 2019, nin van rematar en xaneiro nin en febreiro de 2020. Este informe tamén dicía que o AVE a Galicia non ía estar en condicións de entrar en servizo nin en 2020 nin, probablemente, en 2021, Ano Xacobeo. O Goberno socialista negouno, pero agora a Comisión Europea di o mesmo que a Xunta, que antes de 2022 non imos poder coller o AVE». Estes días, varios membros do Goberno deron fechas diferentes, para finalmente quedarse coa de 2021, a todos luces practicamente imposible de cumprir.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



