Ribadeo, 22 de xaneiro de 2020. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, anuncia que teñen diversas xuntanzas programadas en FITUR 2020 nas que farán promoción e fincapé nos recursos naturais do concello, no legado indiano e tamén no Camiño de Santiago co obxectivo de atraer turistas ao longo de todo o ano. O Concello de Ribadeo e ACISA traballarán intensamente estes días en Madrid. O rexedor asegura que acoden a FITUR con moita ilusión.
Fernando Suárez contou que “para esta edición do FITUR 2020 desde Ribadeo volvemos a Madrid con moita ilusión para vender o moito que temos tanto como concello como comarca. Singularmente no que ten que ver con nós, hai tres eixos que eu resumiría, por unha banda, todo o que estamos facendo en xeoturismo. Temos moitísimos recursos naturais e levamos tempo apostando por eles, porque este tipo de turismo é ao longo de todo o ano. Temos tamén o legado indiano, que tan ben está aí, que é combinar historia, arquitectura, tradición e todo o que se pode ver e facer aquí en Ribadeo neste aspecto”.
O alcalde salientou que “unha cuestión que temos aquí, que nos pasa desde hai moitos séculos e que temos que ir ampliando cada vez máis é o Camiño de Santiago e concretamente o Camiño Norte. Desde que temos as últimas estatísticas, desde hai máis ou menos dez ou doce anos, vemos que cada ano se vai incrementando o número de camiñantes que pasan por Ribadeo, pero vemos que aínda hai un marxe importante para seguir facendo deste Camiño un recurso económico ao longo de todo o ano”.
Suárez Barcia dixo que “todos estes conceptos están baseados nun turismo sostible, pero tamén ao longo do ano, non soamente quedándonos coa parte alta do verán, que por sorte xa a imos tendo bastante ben cuberta, senón de traballar durante todo o ano. Con estes sinais de identidade que temos, con estes elementos diferenciadores, non temos nada que inventar, temos que difundir o que xa temos, que é moito”.
O rexedor ribadense engadiu que “co meu compañeiro de Turismo, coa técnica de Turismo, iremos da man tamén da asociación de comerciantes de Ribadeo, ACISA, para traballar estreitamente. Temos moitísimas reunións para o día de mañá, e este ano temos a responsabilidade, xunto con outros dous Concellos da Mariña, de representar a comarca e poñerlle voz a todos estes eventos que estamos traballando en conxunto e que nos poden vir ben a todos. Polo tanto, encaramos este FITUR 2020 con moita ilusión e alí intentaremos defender o pavillón de Ribadeo e da Mariña o mellor que poidamos”.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



