A Mariña, 22 de xaneiro, 2020. A plataforma ofreceu este mñercores o seu plan de actuacións, ademais de facer un balance da súa unidade móbil
1) BALANCE DA UMAR
Trala aprobación polo goberno da Xunta en marzo de 2017 da reforma da lei de saúde de Galiza, na que se elimina Área Sanitaria da Mariña xunto con outras tres, de forma unilateral, sen diálogo social e sen consenso cos outros grupos políticos, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña decide crear unha estrutura que se poidera desplazar polos distintos centros sanitarios da comarca, para dar información da situación da sanidade pública,resolver dúbidas sobre listas de agarda e derivacións e mesmo redactar e rexistrar reclamacións por estes motivos. Nace así a UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS , máis coñecida como UMAR.
Acordamos colocala o primeiro martes de cada mes na entrada do hospital e o terceiro martes do mes nun centro de saúde que sería rotatorio pola Mariña. Así, o día 3 de abril de 2018 inauguramos a UMAR na entrada do hospital. A acollida foi moi boa por parte da poboación e redactamos e rexistramos máis de 10 reclamacións en dúas horas. Pero molestamos á dirección do centro,que enviou a un garda de seguridade a identificármonos , xornalistas incluídas. Tamén fumos levadas ao despacho do director de xestión ,onde se nos tentou amedrentar sen éxito.
Fixemos reclamacións de xeito individual e tamén colectivamente en demanda de pediatras de familia, cobertura de médicos de familia, servizos como fisioterapia e logopedia . Nalgún centro de saúde onde se fixeron reclamacións colectivas a avalancha de xente que se achegou foi tal, que tivemos que aumentar o horario habitual en case unha hora para poder atender a tod@s. Nalgún dos centros de saúde chegamos a facer ata trescentas reclamacións.
A día de hoxe levamos feitas maís de 1500 reclamacións .
Os servizos que nos que máis demanda de reclamacións hai son Cardioloxía ( agardas de máis dun ano), Rehabilitación( máis dun ano de agarda), Reumatoloxia ( máis dun ano de agarda para consultas ), pediatra de familia ( cobertura de persoal), Logopedia, retrasos para facer resonancias no sistema público.
A UMAR desde a súa implantación foi un éxito , de xeito que actualmente gran parte da poboación da Mariña sabe da súa existencia, sabe que é efectiva e que foron moitas persoas as que sairon beneficiadas con ella. A maioría das reclamacións que rexistramos resolvéronse de forma satisfactoria para @ paciente .
2) MOBILIZACIÓN EN COMPOSTELA O 9 DE FEBREIRO
Desde a Plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA hai convocada unha manifestación en Compostela o día 9 de febreiro , con saída ás 12 horas da Alameda. Baixo o lema , EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA GALEGA a plataforma SOS, na que estamos integradas, quere facer fincapé na loita comtra a política sanitaria do PP, baseada en recortes de recursos, desmantelamento de hospitais comarcais, o abandono dos centros de Atención Primaria, a manipulación e opacidade nas listas de agrada, a precarización e explotación do persoal ,os recortes no plan de atención integral da muller, a vulneración de dereitos de persoas con enfermidade mental e a privatización da sanidade pública a pasos axigantados.
Nós como Plataforma Sanitaria da Mariña adherímonos a estas reivindicacións , máis tamén queremos reclamar e loitar polas eivas que seguimos a ter na comarca, tanto na atención hospitalaria:
– Recuperación da ärea Sanitaria roubada
– Dotación de RMN fixa, así coma placas dentais , densitometría ósea, electromiogramas, electroencefalograma, consulta de cirurxía vascular
-Recuperar a implantación de marcapasos e a intervención de fimose infantil
-Dotación do persoal sanitario en todas as categorías e crear prazas públicas de logopedas, terapeutas ocupacionais…
-Rematar coas derivacións a hopspitais privados de Lugo e Coruña e coa privatización de servizos ( mantemento, historias clínicas, provisión de materiais….).
Como na atención primaria;
-Creación de prazas en todas as categorías en xornada ordinaria e reducción de cupos, fixándoo nun máximo de 1250 tarxetas sanitarias e 800 en pediatría.
-Incrementar o persoal de apoio coa incorporación de Matronas, traballadoras sociais,odontólog@s , hixienistas, logopedas,fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais….
-Cubrir o 100% das ausencias en todas as categorías
-Dúas equipas completasde enfermaría-medic@ en todos os PACs e dotalos de material
-Recuperación do segundo TES na ambulancia de SVA da Mariña.
Desde esta comarca comezaremos a partir de mañá con Asembleas informativas en tres puntos da Mariña, para contactar coa poboación , informar sobre a situación actual da sanidade pública da Mariña, e mesmo aclarar as dúbidas que poidan ter. Serán conversa con veciñas e veciños de forma distendida e interactiva. As datas e lugares son;
Xoves 23 de Xaneiro ás 20 horas en Barreiros. Centro sociocultural de San Cosme
Mércores 29 de xaneiro ás 20horas en Viveiro. Sala Multiusos do Concello
Venres 31 de Xaneiro ás 20 horas en Alfoz.Centro Sociocultural.
Paralelamente acudiremos aos mercados das localidades máis importantes a facer repartos de folletos informativos e mesmo resolver dúbidas que xurdan.
Todas estas actividades van encamiñadas tamén a facer un chamamento masivo para que acudamos multitudinariamente á manifestación que o DOMINGO 9 DE FEBREIRO percorrerá as rúas de Compostela , con saída ás 12 HORAS DA ALAMEDA, baixo o lema EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA GALEGA.
Anunciar tamén que haberá autobuses desde a comarca para que poida desprazarse quen así o desexe.Para anotarse basta con chamar aos teléfonos 982140654 / 982581861 / 667052058 .A data límite para anotarse é omércores 5 de febreiro.
Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña animamos a todas as veciñas e veciños da Mariña para que acudan de forma masiva a esta manifestación, pois a única forma de parar estas políticas de recortes e desmantelamento da sanidade pública, como pasou na Comarca de Monterrei, onde só un pobo unido loitando de xeito incansable logrou revertir as intención do goberno do PP de pechar os paridoiros e as urxencias pediátricas do hospital de Verín.





















Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



