Lugo, 22 de xaneiro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participaron este mércores na Feira Internacional de Turismo (FITUR) na presentación da 13ª edición da guía turístico gastronómica …E para comer Lugo, elaborada pola Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL), un acto no que Tomé asegurou que é fundamental “o traballo en común” entre administracións e sector “para aproveitar todo o potencial turístico da nosa provincia e crear así riqueza e emprego”. “Só cunha mesma directriz, actuando con unidade de acción, poderemos potenciar unha industria tan competitiva”, subliñou o Presidente.
“É básico crear estruturas de xestión de carácter multidisciplinar e participativas que promovan accións transversais en impulso da marca turística Lugo”, engadiu José Tomé, quen destacou neste sentido a creación por parte da Deputación do Consello Provincial de Turismo, un órgano formando por diversos axentes implicados no sector, entre eles, a propia Asociación de Empresarios de Hostalería, no que se deciden e acordan accións en impulso da actividade turística.
A participación no acto de presentación da nova guía …E para Comer Lugo formou parte da intensa axenda que mantiveron este mércores en FITUR o Presidente e a Deputada de Turismo, que incluíu a asistencia á outras citas, como a presentación da Rede Galega de Reservas da Biosfera, da que forma parte a Deputación como xestora das reservas de Terras do Miño e Ancares; e a da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, na que o organismo provincial xoga un papel fundamental dende que no 2011 impulsou unha campaña institucional e social en favor do recoñecemento deste enclave como Ben Mundial pola UNESCO.
Así mesmo, José Tomé e Pilar García Porto asistiron á presentación Camiño ao Xacobeo 2021, no marco da súa aposta por que a provincia teña un papel central de cara ao vindeiro Ano Santo e poida aproveitar todo o potencial que representa o turismo vinculado ás rutas xacobeas, con máis de 800 quilómetros ao longo de todo o territorio lucense.
O Presidente e a Deputada de Turismo estiveron tamén presentes na presentación da campaña de promoción turística en FITUR da Deputación da Coruña e na da Semana Verde, ademais de manter ao longo desta primeira xornada na Feira Internacional de Turismo diversos contactos con representantes de empresas e medios de comunicación vinculados coa actividade turística.
A Deputación considera fundamental a presencia da provincia nesta cita internacional, que conta coa presencia de 11.040 empresas de 165 países e que o ano pasado recibiu a máis de 253.000 visitantes. “Este é un escaparate único para presentarnos ante os miles de visitantes e profesionais que se achegan dende todo o mundo. Nós traemos aquí aplicacións novidosas, novas oportunidades e experiencias diferenciadas que os visitantes poden atopar en Lugo. Trátase de aproveitar a oportunidade para posicionarnos no mapa do turismo mundial”, subliñou Pilar García Porto.
A institución provincial centra este ano a súa presencia en FITUR no impulso do turismo a través das novas tecnoloxías. Mañá, ás 11.30 horas, no stand de Galicia, o Presidente presentará dúas novas aplicacións gratuítas para dispositivos móbiles –Inventrip e Lugo 360-, que buscan atraer máis visitantes e mellorar a súa experiencia de viaxe na provincia.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



