Viveiro, 30 de xaneiro de 2020. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executou unha obra para reforzar a seguridade na estrada LU-161 (Landrove-Ferreira do Valadouro) no entorno do punto quilométrico 8,200, despois de que se producira nesta zona un desprendemento do noiro do terraplén que provocou que a estrada quedase co carril dereito en situación de precariedade, e ocasionando tamén un gran esvaramento de terras sobre un camiño existente.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a solución adoptada consistiu na construción dun muro de escollera de 20 metros de longo e 7 metros de alto, co obxecto de conter a propia plataforma da estrada.
A solución adoptada pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) supuxo un investimento de 27.000 euros e incluíu a retirada do material deslizado do camiño, así como o recheo de material filtrante e a colocación dun tubo drenante no trasdós do muro. Os traballos foron financiados con cargo ao Contrato de Conservación da Zona Norte da provincia de Lugo.
A estrada LU-161 presenta un trazado a “media ladeira” e no entorno do pq 8,200 atravesa terreos de natureza xeolóxica complicada. Os técnicos da AXI optaron por esta solución tras concluír que como consecuencia das intensas choivas rexistradas en novembro, os terreos desta ladeira sobrecargáronse de auga, o que ocasionou unha inestabilidade importante na ladeira que orixinou o deslizamento que afectou gravemente á integridade da plataforma da estrada, xa que se produciu o desprendemento do noiro do terraplén.






















Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.



