Foz, 13 de febreiro de 2020.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu hoxe ao campionato de baristas que se celebra no IES de Foz, onde participou na entrega de trofeos e diplomas aos baristas de escolas de Hostalería. O primeiro posto foi para Xoel Carrera, do CIFP Paseo das Pontes; e quedaron finalistas Maialen Delegado, da Escuela de Hostelería de Gamarra (Vitorio), e Perla Daniela Sención, do IES de Foz.
Balseiro felicitou á comunidade educativa do instituto “por seguir mellorando e medrando”, dado que nesta edición inclúen unha nova modalidade nos campionatos. Tamén destacou que esta cita, que atrae a moitos visitantes cada ano a Foz, “supón un valor engadido para o concello e para a Formación Profesional en Galicia, cuxa calidade representa á perfección este centro”.
O certame comezou onte no IES de Foz e o programa de actividades continúa hoxe e mañá. Este ano celébrase o XIII Campionato internacional de baristas de escolas de hostalería, o VIII Campionato internacional de baristas profesionais, o VIII Campionato internacional de cata de cafés de escolas de hostalería e, como novidade, o I Campionato internacional de cata de cafés de profesionais.
O delegado tamén destacou que a cita estrea nesta ocasión un espazo renovado, despois de que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acometera unha reforma completa do salón de actos do IES, cun investimento de 153.000 euros.
As melloras realizadas permitiron incrementar o aforo de 120 a 154 prazas e mellorar a acústica, o illamento, o chan e a pintura, as butacas, o escenario e os equipos de iluminación, son e vídeo, entre outros elementos.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



