Xove, 24 de febreiro,2020. Os Concellos de Xove e Cervo, nunha mostra de apoio máis aos traballadores de Alcoa e ás súas familias, moitas delas veciñas dos nosos municipios; e tamén pola vital importancia que a supervivencia da empresa ten para os propios Concellos como institucións, pon a disposición da veciñanza e dos/das traballadores/as municipais que libremente desexen acudir á manifestación do próximo mércores 26 de febreiro en Lugo organizada polo Comité, dous autobuses gratuítos que complementarán aos que o propio Comité de Empresa ten programados.
O autobús de Xove sairá ás 8:00h da marquesiña do Centro Cívico de Xove; e o de Cervo sairá tamén as 8:00h da Casa do Mar de San Ciprián, parando ás 8:15 en Cervo. O regreso será a mediodía.
Estamos nun momento crucial no que se decide o futuro dos nosos Concellos e da Mariña. O futuro de moitas familias depende da continuidade de Alcoa e de que o Goberno teña en conta as alegacións presentadas a un Estatuto do Consumidor Electrointensivo que lonxe de solucionar o problema do prezo da enerxía o que fixo foi colocar a Alcoa nunha situación de peche inminente e irreversible.
Pedimos ao Goberno do Estado que cumpra as súas promesas e estableza as condicións necesarias para que prezo da enerxía se sitúe na contorna dos 35 € que posibilitarían seguir fabricando aluminio en España.
Non entendemos como o presidente do Goberno veu onte a un mitin a Santiago e non trouxo unha solución ao grave problema no que se atopa a nosa industria. Só trouxo promesas baleiras, igual que xa fixera na véspera das eleccións xerais, tratando de rabuñar uns votos mentres a nosa industria está agonizando.
Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde de Xove
Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde de Cervo

















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



