Lugo, a 24 de febreiro de 2020. O Goberno central segue a reter o pago a Galicia da liquidación dunha mensualidade do IVE de 2017 (200 millóns) e négase a pagar os incentivos que lle corresponden a esta Comunidade Autónoma polo bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018 (170 millóns de euros). O grupo provincial do PP, que ten por portavoz a Elena Candia, defenderá na próxima sesión plenaria da Deputación unha moción coa que busca o acordo da corporación para declarar o apoio á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que ingrese as contías do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) non liquidadas, correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do sistema de Información Inmediata. Igualmente, os populares buscan o acordo da Deputación para apoiar a reivindicación dunha convocatoria urxente do Consejo de Política Fiscal y Financiera, cunha orde do día que inclúa un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.
Os populares recordan que en declaracións realizadas o día 21 de xaneiro, trala reunión do Consello de Ministros, a titular de Hacienda e portavoz do Goberno alegou que era unha cuestión que “tocaba en el año 2019” e que “ya se perdió esa oportunidad de poder resarcir”, culpando aos partidos políticos que non aprobaron o proxecto de Presupuestos Generales del Estado. O PP di que esta explicación non só carece de fundamento xurídico algún, senón que supón romper o compromiso que a propia ministra asumiu persoalmente en agosto de 2018 e que levou á Xunta de Galicia a prever eses ingresos nos seus Orzamentos.
Para PP, o Goberno central debe adoptar unha solución urxente para transferir estes recursos, que lle corresponden aos galegos. No caso do IVE son cartos de todos os galegos, que o Goberno xa recadou, que o Goberno ten no seu poder e que se nega a transferir. Existe un problema global, o do IVE, que é común para todas as Comunidades Autónomas, Deputacións Provinciais e Entidades Locais, e que demanda unha solución común. Pero existe un problema específico para Galicia, que se fixo merecedora de cobrar os incentivos fiscais polo seu cumprimento de todas as regras fiscais tanto no ano 2017 como no ano 2018, que ten que ter unha solución específica para a nosa Comunidade.
Os deputados provinciais populares destacan que o impacto económico desta decisión do Goberno central afecta directamente ao sistema de financiamento autonómico, pero tamén pode supor unha perda de recursos para os veciños/as da nosa provincia. Ante esa situación tan alarmante para Galicia e para a provincia de Lugo, o PP fai un chamamento a todos os grupos da Corporación provincial, apela ao seu sentido do deber e da responsabilidade, para aprobar esta iniciativa e reclamar ao Goberno o que lle corresponde a Galicia e a Lugo.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



