Viveiro, 26 de febreiro de 2020. O Paseo de Covas precisa con urxencia obras de consolidación e o Concello de Viveiro, do que depende, non ten previsión algunha para acometer as melloras necesarias. Así se desprende da resposta dada pola alcaldesa, a socialista María Loureiro, ao rogo presentado polo grupo municipal do PP no pleno do pasado 11 de decembro. Diante deste estado de cousas, os edís populares reclaman do goberno municipal que adopte as medidas precisas para corrixir canto antes as deficiencias sinaladas pola alcaldesa.
Segundo se recolle na acta da sesión, a presidenta da corporación municipal apuntou que case trinta anos despois da súa construción, o paseo marítimo de Covas atópase nun grave proceso de deterioro. Dixo que este paseo levantouse sobre un solo de area e as filtracións de auga ao longo de todo este tempo danaron de forma irreversible o subsolo, afectando á estrutura do paseo. Desde xeito a presidenta da corporación municipal veu a dicir que os problemas que presenta non van ser corrixidos polo Concello, ou polo menos todo indica que non hai nada previsto a curto prazo. A alcaldesa limitouse a indicar os labores de mantemento que se levan a cabo. Á vista do resultado, parece que incluso o traballo de conservación é moi inferior o que sería necesario.
A concelleira popular Teresa Pérez, no rogo que presentou no pleno do 11 de decembro, destacaba que «o paseo máis importante do pobo está nun estado deplorable de abandono: o solo ennegrecido, por non dicir con mofo; con cantidade de baldosas estragadas, con herbas que medran polo medio delas, con desniveis nos que se forman pozas cando chove». Engadía que existe perigo de caída para persoas con mobilidade reducida. A mesma concelleira explicaba que tanto o muro como os bancos e as pérgolas teñen un ton gris, pola falta de limpeza.
Vistas as afirmacións da alcaldesa, resulta que o problema é moito máis grave aínda do que denunciaban os concelleiros populares. Non só hai falta de mantemento, é que o paseo ten, segundo a alcaldesa, problemas estruturais. O PP reclama ao goberno municipal que adopte as medidas precisas para reparar canto antes os problemas do paseo de Covas, de modo que estea en boas condicións para o próximo verán.




















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



