Lugo, a 26 de febreiro de 2020. O Partido Socialista foi o único grupo que se opuxo a reclamar ao Goberno que pague a Galicia o IVE de 2017 e os incentivos polo bo comportamento fiscal. Concretamente, o Executivo central segue a reter o importe da liquidación dunha mensualidade do IVE de 2017 (200 millóns) e négase a pagar os incentivos que lle corresponden a esta Comunidade Autónoma polo bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018 (170 millóns de euros).
O grupo provincial do PP defendeu unha moción coa que buscaba o acordo da corporación para declarar o apoio á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que ingrese as contías do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) non liquidadas, correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do sistema de Información Inmediata. Igualmente, os populares buscan o acordo da Deputación para apoiar a reivindicación dunha convocatoria urxente do Consejo de Política Fiscal y Financiera, cunha orde do día que inclúa un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.
“Di o refrán que non hai máis cego que o que non quere ver. A ver se son capaces de quitarlle a venda que lles colocou Pedro Sánchez neste asunto porque, ademais, de non ver andan bastantes perdidos e dando paos de cego”. Javier Castiñeira fixo esta aseveración unha vez que, o pasado 11 de febreiro PSOE e BNG a esta mesma moción votaron en contra en Madrid e, no Parlamento de Galicia, os socialistas abstivéronse e os nacionalistas emitiron o seu voto favorable.
O popular lembrou así que, en declaracións realizadas o día 21 de xaneiro, trala reunión do Consello de Ministros, a titular de Hacienda e voceira do Goberno alegou que era unha cuestión que “tocaba en el año 2019” e que “ya se perdió esa oportunidad de poder resarcir”, culpando aos partidos políticos que non aprobaron o proxecto de Presupuestos Generales del Estado. O PP di que esta explicación non só carece de fundamento xurídico algún, senón que supón romper o compromiso que a propia ministra asumiu persoalmente en agosto de 2018 e que levou á Xunta de Galicia a prever eses ingresos nos seus Orzamentos.
Precisamente, o sentido desta moción xurde da intención política de “se prefiren defender os intereses dos lucenses ou a Sánchez, así como as desculpas de mal pagadora da ministra, quen anunciou hai unhas horas de forma infantil que se esgotou a oportunidade”, remarcou o vicevoceiro popular.
Para PP, o Goberno central debe adoptar unha solución urxente para transferir estes recursos, que lle corresponden aos galegos. No caso do IVE son cartos de todos os galegos, que o Goberno xa recadou, que o Goberno ten no seu poder e que se nega a transferir. Existe un problema global, o do IVE, que é común para todas as Comunidades Autónomas, Deputacións Provinciais e Entidades Locais, e que demanda unha solución común. Pero existe un problema específico para Galicia, que se fixo merecedora de cobrar os incentivos fiscais polo seu cumprimento de todas as regras fiscais tanto no ano 2017 como no ano 2018, que ten que ter unha solución específica para a nosa Comunidade.
O deputado destacou que o impacto económico desta decisión do Goberno central afecta directamente ao sistema de financiamento autonómico, pero tamén pode supor unha perda de recursos para os veciños/as da nosa provincia. Ante esa situación tan alarmante para Galicia e para a provincia de Lugo, o PP fai un chamamento a todos os grupos da Corporación provincial, apela ao seu sentido do deber e da responsabilidade, para aprobar esta iniciativa e reclamar ao Goberno o que lle corresponde a Galicia e a Lugo.
“Estas son as medidas socialistas: endebedarse máis, ampliar o obxectivo de déficit e enganar coas contas. Van facer bo a Zapatero, sobre todo, indicou, cando vascos e cataláns se sentan con vostedes e atenden as súas peticións fiscais, como é o caso da Seguridade Social. Este Goberno premia aos que incumpren e castiga ao que cumpren como é o caso da Xunta. Este é o pacto desleal que teñen con Galicia”, sentenciou.


















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



