Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de resolver a primeira edición dos Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva, que recoñece o traballo neste eido de oito centros educativos de toda Galicia nas dúas modalidades convocadas, a dirixida a centros de Infantil e Primaria, e a dirixida a centros de ESO, Bacharelato e FP Básica.
Tal e como está publicado no Portal Educativo, na categoría A, de centros de Infantil e Primaria, o primeiro premio foi para o CEIP Luís Seoane de Oleiros (A Coruña); mentres que na categoría B, de Secundaria, foi para o IES Manuel Murguía de Arteixo (A Coruña).
Na modalidade de Infantil e Primaria o resto dos galardóns recaeron no CEP Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal (A Coruña), que obtivo o 2º premio; no CEP de Quiroga (Lugo), co terceiro premio; e cun accésit para o CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo (Lugo).
Na modalidade de Secundaria o resto dos galardóns foron para o IES Montecelo (Pontevedra), co 2º premio; para a EPAPU de Monterroso (Lugo) co 3º premio; e o accésit para o IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Difundir as boas prácticas educativas
A Consellería de Educación instaurou este Premio como unha das medidas para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes, e recoñecer o labor, esforzo e compromiso persoal e profesional que, neste sentido, están a realizar os equipos docentes.
O Premio está dotado cunha contía total de 18.000 euros a razón de 5.000, 2.500, 1.000 e 500 euros respectivamente para o 1º, 2º e 3º premio e para o accésit en cada unha das categorías establecidas.
As iniciativas premiadas poden ser difundidas pola Consellería como boas prácticas de inclusión educativa, co fin de promover unha escola que compense as desigualdades, na que se axusten as intervencións educativas e o currículo á diversidade do alumnado e, en definitiva, unha educación que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornos e culturas inclusivas.
Descrición dos proxectos premiados
– CEIP Luís Seoane (Oleiros-A Coruña): O seu proxecto ten como obxectivo a inclusión de todo o alumnado e en especial do alumnado con necesidades educativas especiais, xa que observaron que a súa participación na vida do centro era moi limitada. O desenvolvemento deste proxecto no centro implicou a participación activa e voluntaria do alumnado de 5º e 6º de primaria.
-CEP Pilar Maestu Sierra (A Pobra do Caramiñal-A Coruña): Baixo o título “ A escola que soñamos e soñaremos” basearon o seu bo facer na participación activa das familias, querendo nenos e nenas “felices”. É dicir, unha escola que acolle á diferenza, na que todas as capacidades son benvidas, e que constrúe contornas seguras e acolledoras.
-CEIP de Quiroga (Quiroga-Lugo): O seu proxecto fai fincapé no diálogo e a axuda entre todos os membros que forman parte da súa comunidade educativa como instrumentos favorecedores da inclusión e da convivencia.
-CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo-Lugo): O proxecto desenvolve accións que fomentan que todo o alumnado xogue nos tempos de lecer, favorecendo a igualdade de oportunidades e incrementando a responsabilidade e tolerancia a través da figura dos superdinamizadores e das superdinamizadoras (que é o propio alumnado) e con outras accións que teñen por finalidade sensibilizar, visibilizar e normalizar a realidade do centro. Entre elas figura que o alumnado aprenda a lingua de signos española.
-IES Manuel Murguía (Arteixo-A Coruña): Proxecto que ten a música e o cine como fío condutor para a inclusión; desenvolven un proxecto social que fomenta a igualdade e a non discriminación e que sirve para compensar as desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais presentes na realidade do centro.
-IES Montecelo (Pontevedra): A ensinanza de formación profesional básica é a que máis influencia ten sobre a vida do centro, polo que puxeron en práctica un modelo educativo que ten en conta as potencialidades e o benestar emocional do alumnado para favorecer o acceso a novas oportunidades de aprendizaxe que lle permita e facilite o camiño para o acceso ao mundo laboral.
-EPAPU de Monterroso (Monterroso-Lugo): Partindo da súa realidade como centro penal, o seu proxecto céntrase en crear unha contorna de aceptación na que se xeren condutas sociais responsables, solidarias e respectuosas, promovendo a tolerancia, a liberdade, a xustiza, a igualdade entre homes e mulleres e o respecto polos dereitos de todos e todas; colaborando con asociacións sen ánimo de lucro, centros de formación e outros.
-IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): “Marzo sen fronteiras” é un proxecto que se vén desenvolvendo dende o curso 2014-2015 dentro do marco curricular dalgún dos módulos do ciclo superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e en colaboración co profesorado e alumnado da ESO. Este pretende fomentar a participación na actividade física e o deporte das persoas con discapacidade, favorecendo deste xeito a inclusión social.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



