Ribadeo, 13 de marzo de 2020. A Concellaría de Igualdade ten previsto realizar unha campaña de sensibilización sobre a endometriose, coincidindo coa celebración do Día Mundial desta enfermidade, que se celebra mañá, 14 de marzo.
Segundo explican desde Igualdade e desde o CIM: “esta campaña, en colaboración coa Asociación Galega de Mulleres afectadas pola Endometriose querENDO, tiña previsto comezar o vindeiro luns cun reparto de dípticos informativos polos centros e os servizos da vila, pero adiarase ese reparto presencial ata que se recupere o funcionamento ordinario dos servizos. Pero aínda así gustaríanos non deixar que pase o día sen a visibilización que lle corresponde”.
E engaden que “esta Concellaría tamén ten programado un espectáculo en clave de humor sobre a endometriose, a cargo de Soledad Felloza, que leva por nome As mans arriba pola endometriose, que se levará a cabo en dúas sesións, unha para os centros educativos e outra aberta a todo o público. Esta programación levarase a cabo en canto a situación o permita e estea totalmente garantida a seguridade para a saúde da cidadanía”.
A endometriose é unha doenza que afecta a 1 de cada 10 mulleres en idade fértil e tárdase de media oito anos en diagnosticala. É unha doenza, crónica, inflamatoria e por veces invalidante, na que o tecido endometrial medra anormalmente fora do seu lugar habitual. O síntoma máis habitual é a dor incapacitante coa regra, pero tamén ás veces dor ao orinar, defecar ou ao manter relación sexuais.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



