Viveiro, 26 de marzo, 2020. Con Sorpresa e preocupación ven de recibir o BNG de Viveiro un escrito da alcaldía no que o goberno municipal manifesta o rexeitamento a todas as últimas propostas que lle presentou a organización nacionalista este luns, 23 de marzo, co obxecto de entre tod@s buscar solucións alternativas e complementarias para facilitarlles ás empresas e familias viveirenses a maior liquidez posíbel para afrontar o futuro máis inmediato e axudar ao mantemento do tecido produtivo do municipio.
A alcaldesa trasladoulle á portavoz municipal do BNG, Miriam Bermúdez, a decisión do goberno municipal de “deixar en suspenso a adopción de medidas económico sociais para cando remate o estado de alarma e a crise sanitaria actual o permita”, alegando erradamente que todos os grupos así o acordaran na última xuntanza de portavoces.
O BNG lamenta que, aínda sabendo que o estado de alarma ven de ser prorrogado polo goberno do estado durante 15 días máis, o goberno municipal acorde unilateralmente aprazar, e sen concretar data algunha no tempo, todas as decisións referentes a adopción de medidas económicas e fiscais para minimizar o impacto negativo desta crise. Un paquete de medidas que a administración local vai ter que poñer en marcha coa maior axilidade posíbel se quere contribuír ao mantemento das economías d@s familias viveirenses e relanzar a economía local no menor tempo posíbel para contribuir a manter a actividade empresarial e comercial no municipio.
A portavoz municipal do BNG, non acaba de achar a causa polo cal o goberno municipal rexeita poñer en marcha de xeito inmediato medidas económicas especiais para paliar a economía das veciñanza e dos proveedores do concello que lle propuxeron @s nacionalistas, tales como o de axilizar o pagamento a proveedores e priorizar a tramitación de expedentes que conleven cobro de axudas ou débedas pendentes de pago por parte do concello, sendo ademais este tipo de medidas as primeiras que adoptaron moitas administracións públicas, tales como concellos e deputacións.
Por outra banda, Miriam Bermúdez entende que carece de toda lóxica aprazar para cando remate a crise sanitaria a proposta feita polos nacionalistas para a Posta en marcha dunha Mesa de Coordinación Municipal dos ofrecementos de axuda do sector privado.
Cabe recordar que a proposta feita polo BNG da Creación dunha Comisión Técnica Pública-Privada, para plantexar, estudar e propoñer as medidas de orde económico, fiscal e social fíxose tendo en conta as demandas, desde diferentes sectores produtivos, de axuda e colaboración ao goberno municipal para frear na medida do posíbel o forte impacto económico que van sufrir os seus negocios.
Por último, @s nacionalistas aseguran que seguirán a colaborar co concello, poñendo a súa disposición e do goberno municipal, todas aquelas propostas que consideren, nesta situación de crise sanitaria e económica, podan ser beneficiosas e axudar ao povo de Viveiro, tanto para a veciñanza como para as empresas, autónom@s e profesionais.




















Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



