Lugo, a 31 de marzo de 2020. O grupo provincial do Partido Popular acaba de presentar as súas emendas ao Plan Único 2020, coa intención de mellorar o contido deste documento, de modo que resulte máis útil para os concellos nunha conxuntura na que teñen un papel de importancia extraordinaria para facer fronte á crise sanitaria provocada polo coronavirus. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala que o Plan Único, tal como o presentou o goberno provincial, é “un documento que limita máis a autonomía local respecto aos anteriores e non se incrementa nin un só euro con respecto á versión elaborada antes do estado de alarma, algo que resulta inexplicable”. Castiñeira destaca: “O plan chega tarde, mal e arrastro, non foi consensuado co Partido Popular e resulta moi pouco ambicioso con respecto á situación económica que espera nos próximos meses aos concellos”. Os populares instan a Tomé a deixarse de desculpas e de campañas inútiles e a aplicar medidas de apoio real aos concellos como fixeron outras deputacións.
Castiñeira destaca o feito de que, tal como está redactado neste momento, o Plan Único “desconta o custe das medidas de loita contra o COVID-19 aos propios concellos que deberían sacar crédito das inversións iniciais”. Resalta nesta liña que “a Deputación non puxo nin un só euro demais para a loita contra COVID-19 para dar equipos de protección aos concellos, polo que non entendemos que o señor Tomé se poña a dar leccións cando aínda non aportou nin un só euro”.
O portavoz popular explica que o seu grupo solicita “que o orzamento do plan se incremente en 700.000 euros ata chegar aos 22 millóns de euros, para posibilitar así fondos reais aos concellos”. Aclara que “a propia interventora confirmou nas comisións que é tecnicamente viable”.
Por outro lado, os populares, nas súas emendas demandan un incremento de todos os prazos nun mes, dado, di Castiñeira, “que os concellos están moi limitados neste momento de persoal e non teñen a culpa das inxerencias do propio goberno e de que o plan chegue tarde”. Igualmente, o grupo provincial do PP solicita que non se limite o uso das baixas como as prorrogas, e que se volva ao sistema do ano pasado.
Igualmente, as propostas populares inclúen que aos concellos con endebedamento excesivo, máis do 100%, se lles permita usar parte do importe que lles corresponda do Plan Único para paliar as partidas de gastos corrente afectados por esta débeda.
Castiñeira insiste en que “O PP non foi citado para consensuar o plan, pero, pese a elo, queremos sumar e mellorar o documento presentado polo equipo de goberno”.
Castiñeira, á vista das recentes manifestacións do presidente da Deputación, manifestou que o Plan Único non vai servir para que os lucenses esquezan que, ata o momento, o organismo provincial, presidido polo socialista José Tomé, non puxo nin un só euro para axudar aos concellos a afrontar a grave crise provocada polo coronavirus. Destacou que o Plan Único xa existía cando Tomé chegou á presidencia da Deputación e que esta vía de apoio aos concellos non exime á institución doutras fórmulas de apoio económico e técnico aos concellos para superar esta difícil conxuntura.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



