Lugo, a 02 de abril de 2020. “Quero pensar que o goberno provincial non botará en saco roto as aportacións que fixemos, vía emenda, desde o Grupo Provincial do PP ao Plan Único para este ano, que se vai debater nesta sesión plenaria, tan especial por celebrarse en plena crise sanitaria debida ao coronavirus, e, por ela, por primeira vez na historia da Deputación, por medios telemáticos”. Así se manifestou o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, minutos antes do inicio da sesión plenaria. Castiñeira lamentou que o goberno provincial, e sinaladamente o seu presidente, o socialista José Tomé, non contara para nada co Partido Popular, o grupo con máis deputados, á hora de deseñar o Plan Único. O portavoz popular declarou: “Ata agora os únicos que demostrados vontade de sumar, de aportar, de consensuar fomos os deputados do PP; espero que no pleno que vai comezar, socialistas e nacionalistas demostren máis vontade de acordo da que demostraron ata este momento”. Só así, declarou, será posible superar as eivas dun plan que chega tardísimo, de xeito inoportuno, no marco da máis grave crise sanitaria da historia recente de España, cargado de intencionalidade política e favorecedor dos concellos máis grandes”.
Castiñeira recordou que, en síntese, as emendas do PP ao Plan Único, teñen tres obxectivos fundamentais: incrementar en 700.000 euros o presuposto para situalo en 22 millóns; ampliar nun mes o prazo que se lles dá aos concellos para facer os trámites; respectar a autonomía local á hora de que cada concello proceda a asignación de recursos. Estas alegacións están baseadas, explicou Castiñeira, no convencemento do PP de que a proposta de Plan Único que o bigoberno provincial leva ao pleno é escaso en canto a orzamento e que, polo tanto, non responde ás necesidades que teñen os concellos da provincia para poder atender debidamente aos veciños nunha situación de crise como a que estamos a vivir.
Tampouco se adapta o Plan, en opinión do PP, á difícil conxuntura pola que atravesa o país en canto aos prazos que fixa aos concellos para facer os trámites necesarios. É necesario amplialos para non crearlles unha situación moi difícil, asegura Castiñeira. Hai que ter en conta -dixo- que as medidas de confinamento para evitar contaxios reducen moi notablemente as dispoñibilidades de persoal para poder atender as esixencias administrativas do Plan, cuxa tramitación supón cada ano a maior carga burocrática que soportan os concellos.
Algúns dos cambios introducidos no Plan con respecto a anos anteriores, explica Castiñeira, afectan de maneira negativa á autonomía local. É un feito innegable, por máis que se queira enmascarar; é preciso flexibilizar -dixo- o Plan para adaptalo as necesidades dos concellos.
O portavoz popular di que é lamentable que o goberno provincial nos mostrase nin o máis mínimo interese en consensuar o plan co PP, o grupo con máis deputados provinciais. E non será porque o grupo popular, destacou Castiñeira, non demostrase a súa vontade de sumar, de cooperar, de facilitar as cousas para obter os acordos que máis favorezan aos veciños nuns momentos tan difíciles. Pero o consenso esixe vontade de alcanzalo por todas as partes implicadas, e os grupos que conforman o goberno provincial non tiveron ese interese. “Espero que hoxe, nesta sesión por vía telemática, o goberno provincial cambie de actitude”, declarou Castiñeira. O portavoz popular lembrou que ata tres veces tivo que solicitar o PP que o presidente cambiara a convocatoria da sesión, de presencial a telemática, a pesar de que xa había algunha sentenza que resolvía nese sentido á vista das medidas establecidas para evitar contaxios. “Está claro que o presidente desconfiaba da capacidade tecnolóxica da Deputación”, declarou Castiñeira.



















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



