Ribadeo, 1 de abril de 2020. Estes días realízanse tarefas de desinfección interior e exterior na nova residencia de maiores e no hospital asilo. Trátase de medidas de prevención e de precaución fronte ao coronavirus, segundo explicou hoxe o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor lembra que estas medidas se suman ás restricións nas visitas desde o pasado 12 de marzo, ás chamadas e vídeo chamadas para que os residentes estean en contacto coas súas familias e ao reparto de material de protección para as traballadoras e traballadores destes centros.
Suárez Barcia contou que “no día de hoxe se está procedendo á desinfección exhaustiva, tanto interior como exterior, das dúas residencias de maiores de Ribadeo, con produtos sanitarios que están autorizados polo Ministerio de Sanidade, cun protocolo de actuación de arriba para abaixo, de dentro cara a fora e de zonas sucias cara zonas limpas”.
O alcalde sinalou que “en total van ser catro xornadas de traballo, entre esta semana e a que ven, e quixemos facer isto de forma preventiva por precaución ao ser estas residencias de maiores un dos puntos máis febles nesta pandemia que estamos sufrindo ao longo e ancho da xeografía galega, do Estado e do mundo en xeral”.
O rexedor indicou que “está contratada a empresa pública Tragsa para a limpeza das dúas residencias. No caso da residencia nova está correndo cos gastos a Deputación de Lugo e no hospital asilo está correndo cos gastos o Concello de Ribadeo”.
Fernando Suárez lembrou que “isto vense sumar ás medidas previas que se foron adoptando nas dúas residencias de controis e de restricións xa a principios de marzo, hai que lembrar que se chegou a prohibir a entrada a visitas de familiares a estes centros xa o 12 de marzo. Con todo, desde aquela fomos implantando medidas para seguir mantendo o contacto con chamadas telefónicas, e especialmente as vídeo chamadas, para que os avós non perdan o contacto cos seus”.
E engadiu que “isto tamén ven complementar o que desde o Concello levamos días facendo co persoal municipal no sentido de reforzar a desinfección dos exteriores dos edificios sensibles como pode ser o centro de saúde ou estas residencias de maiores, así como ir subministrando a medida que imos recibindo os diferentes equipos de protección individual para as traballadoras e os traballadores destes centros. Polo que a día de hoxe, co traballo colectivo de todos e todas, poidamos asegurar o mellor posible a protección dos nosos maiores, a protección desta xente que o merece todo”.





















Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



