LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do Deputado de Cooperación cos Concellos e Alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas, recibiu este martes no Pazo de San Marcos a tres grupos dentro de Km0: un da asociación sociocultural “O Cairón” de Monterroso, outro do CEIP As Nogais e, o terceiro, formado por solicitantes individuais que redescubriron a provincia cunha viaxe en helicóptero pola Mariña. En total, preto de 400 persoas participan esta seman a nas 9 rutas organizadas polo organismo provincial dentro do programa medioambiental.
Os veciños de Monterroso viaxaron ata a zona norte da provincia, onde visitaron as praias Área, Muinelo e Portonovo e os acantilados de Morás. Tamén fixeron un percorrido a pé dende Vilachá ata a punta Roncadoira. Pola súa banda, os alumnos das Nogais tamén coñeceron a Mariña. Concretamente, percorreron o centro de cultivos mariños, os mosteiro das Clarisas e ocasco histórico ribadense. Os escolares completaron o itinerario cunha travesía marítima pola ría deste Concello.
Asimesmo, un grupo de solicitantes individuais participaron na modalidade Xtreme do programa, que inclúe 14 rutas -10 delas de balde-. Estes decantáronse pola viaxe en helicóptero, cuxa empresa ten a súa razón social en Ribadeo e ten a base no aeródromo de Villaframil. Os solicitantes individuais puideron sobrevoar a ría ribadense durante 15 minutos. O mércores, outro grupo de veciños da provincia redescubrirán a provincia tamén cunha viaxe en helicóptero pola localidade mariñana.
Mañá, o centro educativo de menores “Santo Anxo” de Rábade estrearán a ruta da modalidade Xtreme “Móllate”, que inclúe actividades de vela latina, catamarán, kayak e esquí náutico, en Ribadeo. Os integrantes do centro educativo completarán a ruta cun paseo polo casco histórico deste municipio. Ese mesmo día, un grupo da asociación cultural “Os Castros” de Foz elexirán a ruta “Pallozas do Cebreiro”, que inclúe un percorrido a pé ata o primeiro hito do Camiño Francés, e unha visita ó museo etnográfico, á igrexa de Santa María A Real, ó albergue de peregrinos e á Cruz do Monte.
O xoves, un grupo de solicitantes individuais estrearán a ruta “Vertical”, formada por actividades relacionadas coa escalada, dentro da modalidade Xtreme de Km0. Asimesmo, este día outras 79 persoas coñecerán a Torre dos Andrade, a área recrativa, o seguidor solar, o museo arqueolóxico e a charca de Alligal, en Vilalba. Pola súa banda, membros da asociación “Mayores de Labrada” (Guitiriz) viaxarán ata a Mariña. Concretamente, en Ribadeo visitarán o centro de cultivos mariños e o convento das Clarisas. Tamén farán unha travesía marítima pola Ría.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



