Santiago de Compostela, 3 de abril 2020. A deputada do BNG, Montse Prado instou hoxe á conselleira de Política social a poñer en marcha “un plan de choque” ante a situación xerada nas residencias galegas, tanto privadas como públicas para frear o elevado contaxio e propagación do Covid-19 nun dos sectores máis vulnerables.
Entre as medidas destacou, establecer protocolos para o persoal dos centros, realizar test masivos, dotar de equipos de protección ao persoal e persoas usuarias, acondicionar os espazos de descanso para o persoal exposto e máxima información aos familiares de afectados e afectadas.
Tras a comparecencia da conselleira Fabiola García, a nacionalista reiterou que é necesario “intervir todas as residencias de Galiza” ante o risco de contaxo e taxa de mortaldade porque en Galiza existe unha poboación máis envellecida que noutras partes do estado “o 25% da poboación ten máis de 65 anos” e, polo tanto, maior porcentaxe de poboación de risco.
Todas estas propostas, “precisas, urxentes, e de sentido común” dixo, enviámosllas ao Presidente, na primeira semana do estado de alarma pero vostedes “non tiveron ningunha présa en poñelas en marcha”. Hoxe, volvemos a formulas e pedimos que aprendan de erros pasados. A Xunta tivo días de ventaxa a respecto doutras partes do Estado que se viron afectados antes con grande virulencia e a nosa valoración é que as medidas adoptadas non foron as axeitadas, “tomáronas tarde e seguen sen tomar algunhas que consideramos fundamentais”. Non continúen perdendo “días valiosísimos” e anticípense. Estánse producindo cousas que teñen difícil explicación. Como é posibel que nunha residencia como a de Aldán en Cangas, pasen de 6 persoas contaxiadas a 105 no mesmo día? Cal é a xustificación de non ter actuado antes, cando era un clamor o que acontecía nesa residencia, igual que na de Barreiro en Vigo ou a de Celanova. Que protocolos de actuación lle teñen esixido ás residencias e que verificación do seu cumprimento fixeron? Que control se está realizando das condicións nas que están a traballar os profesionais, xa moi precarias antes da pandemia? Cal é o protocolo para decidir trasladar ou non a residentes positivos para as chamadas “Residencias integrais” ? Porta do Camiño, Baños de Molgas ou os non positivos para outras? como a de Panxón, cal é o obxetivo desta medida?
O BNG pide que os familiares sexan informados
A parlamentaria do BNG tamén exixiu unha canle de información como aconsella o informe do Comité de Bioética de Galiza porque hai familias, afirmou, que levan “unha semana sin saber a evolución das persoas afectadas”.
“Medicalice de forma efectiva as residencias, garanta medidas de hospitalización para persoas das residencias e permita que as familias que queiran e poidan facerse cargo dos seus familiares no domicilio o fagan sen perder a praza concedida, con todas as garantías, co criterio estrito de que estea confirmado que non son positivos nin a familia nin a persoa residente.
Por outra parte, a deputada do BNG tamén reclamou medidas para “axudar ás familias que están pagando prazas privadas, agardando por unha pública”,que queden sen recursos ou os vexan reducidos pola crise sanitaria.
Recoñecemento a todo o persoal sanitario e de servizos sociais
Na súa intervención, Prado lembrou en varias ocasións o grande esforzo do persoal sanitario e de servizos sociais. “Profesionais que levan anos sufrindo as políticas de privatización, anos de recortes, precarización e falta de medios”. Hoxe, dende aquí, dixo, quero trasladar o “enorme recoñecemento do BNG a todos e todas elas” así como o “afecto e solidariedade” ás familias e persoas afectadas polo Covid-19.
Por outra parte, o BNG pediu declarar de “interese galego” todos os servizos socias mentres dure o estado de alarma e que a Xunta asuma a dirección e mando dos recursos dispersos, especialmente do Servizo de Axuda no Fogar.
Finalmente, Prado referiuse ao persoal de Axuda no Fogar(SAF) para o que pediu establecer, por Decreto, servizos mínimos con criterios de priorización e anunciou que o BNG solicitará crear unha Comisión de investigación sobre a situación dos servizos sociais, atención social aos nosos maiores, persoas con diversidade funcional e menores tutelados. “Non é o momento de confrontar”, e o momento de actuar pero será necesario tamén analizar a xestión da crise e responsabilidades, concluíu.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



