Lugo, 4 de abril de 2020. A deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza virtual con sanitarios da provincia para analizar a situación de primeira man na que se atopan os sanitarios de Lugo nesta crise do COVID-19.
Trasladáronlle a preocupación da gravidade na que se atopa a seguridade das traballadoras e traballadores por mor da falta de material no sistema sanitario galego. Problemática froito deste déficit, está producindo graves trastornos no desenvolvemento da actividade sanitaria polo alto nivel de estrés que está producindo a sensación de inseguridade e a falta de liderado interno onde exixen máis coordinación na área sanitaria.
“garantir os recursos necesarios é vital para as traballadoras e traballadores neste momento, grazas ao esforzo de todas e todos os servidores públicos da sanidade nesta situación tan crítica, demostran que os servizos públicos son un piar fundamental nesta sociedade” recalcou Olalla Rodil.
Desde o BNG tendemos a man para tomar medidas de forma urxente: aplicación de test masivos á poboación, empezando polos sectores e zonas de maior risco, como residencias de persoas da terceira idade; dotación de EPI’s a todas as persoas que deban intervir en zonas de risco e, por último, a intervención da sanidade privada para poñela a disposición, enteiramente, do esforzo público de contención do COVID-19.
Olalla Rodil salientou “desde o BNG engadímonos ao recoñecemento colectivo das traballadoras e traballadores da sanidade pública que se amosa colectivamente todos os días ás oito da tarde, tamén a todas aquelas traballadoras e traballadores que manteñen en pé esta sociedade nesta situación que estamos padecendo”



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



