Santiago de Compostela, 10 de abril 2020. A portavoz nacional do BNG, e Ana Pontón, propón á Xunta a aprobación urxente “dunha gratificación extraordinaria” para todo o persoal sanitario como compensación polo “grande esforzo e risco de contaxio” na crise da Covid-19.
Considera que o persoal sanitario, “non só merece o aplauso que recibe da cidadanía todos os días dende as fiestras e balcóns”, tamén é necesario que ese recoñecemento parta da administración e nese sentido reclama da Xunta a aprobación dunha “gratificación extraordinaria”. Por outra parte, exixe da administración “garantías de protección” e poñer punto final “a precariedade” que sigue producíndose no sistema sanitario.
O mellor aplauso a todos e todas as traballadoras da Sanidade pública, recalca Pontón e defender os seus dereitos e “unha sanidade sen recortes nin privatizacións”.
A portavoz nacionalista reitera que todo o persoal sanitario “está dando o mellor de si”, a pesar das circunstancias nas que desenvolven o seu traballo como constatan as denuncias dos traballadores e traballadoras. Sigue sendo motivo de preocupación que a día de hoxe, continúen sen o material de protección suficiente e axeitado contra o risco de contaxio por Covid-19, falta de axilidade á hora de facer as probas necesarias no caso de contaxios, fallan os protocolos, mestura no mesmo cuarto de pacientes sans con pacientes contaxiados de coronavirus e que no medio desta pandemia a Xunta siga precarizando ao persoal sanitario.
Almuíña debe explicar os despidos do persoal tras contaxiarse da Covid-19
Pontón salienta que segundo a denuncia da CIG, o SERGAS despediu a persoal temporal que contraera o coronavirus. “Se ben a Xunta rectificou, o simple feito de que isto pasara é dunha enorme gravidade e deixa ao descuberto unha política laboral que non podemos compartir baixo ningunha circunstancia”. Que pasaría se ninguén o denunciara? Seguiría o Sergas despedindo persoal que se contaxiou traballando? O simple feito de que isto pase merece unha explicación en sede parlamentaria, polo que o Conselleiro de Sanidade ten que comparecer no Parlamento.”Urxe ademais, a restitución dos dereitos de todos e cada unha das persoas que foron despedidas, é dicir, que a rectificación ten que ter carácter retroactivo”, aseverou.
Ademais, Pontón denuncia que a precariedade laboral na sanidade pública tamén inclúe os contratos do SERGAS aos e ás MIR polo que volve a reclamar medidas urxentes para rematar coa precariedade na sanidade.
.




















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



