Ribadeo, 11 de abril de 2020. A galería Terra Branca, que permanece pechada durante o estado de alarma, decidiu render homenaxe a Ribadeo a través da obra pictórica de Mariángel Leal. E fíxoo cun vídeo que colgou nas redes sociais e que xa supera as 2.000 visitas.
O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, sinala que “aunque la galería está cerrada aprovechamos este tiempo de confinamiento en casa para darle rienda suelta a nuestra creatividad. Y apoyándonos en la obra pictórica de Mariángel Leal hemos hecho un vídeo para rendirle homenaje a Ribadeo y para decirle a la gente que aquí seguimos y que aquí les esperaremos en cuanto toda esta situación se normalice”.
No vídeo elaborado por Terra Branca Audiovisuais pódense ver cadros de Mariángel Leal nos que se observan o porto, a Illa Pancha, a Torre dos Moreno, a praia de As Catedrais, a praza de San Roque ou casas indianas.
Pero non esta a única creación de José Ramón e Mariángel Leal. Charlas coa miña avoíña é unha serie de animación baseada na chegada do coronavirus ás nosas vidas. Ata o momento son dous os capítulos realizados, pero haberá máis ao longo das próximas semanas. E Xanelas é o título doutro vídeo que ten moito que ver con estado de alarma e con todo o que estamos a vivir na actualidade, “hemos querido centrarnos en la importancia que las ventanas tienen en nuestras vidas en este momento y animamos a todo el mundo a disfrutar de lo que pueden ver desde sus ventanas”, explica José Ramón Leal.
Desde a galería Terra Branca aproveitan “para enviar un caluroso saludo a su clientela, a la que esperamos ver en cuanto nos lo permitan en nuestras instalaciones. Tenemos muchas ganas de seguir acercándoles el arte y de que se lo lleven a sus casas”.
Todos os vídeos poden verse nas redes sociais de Terra Branca: facebook e instagram e tamén na súa canle de Youtube.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



