Santiago de Compostela, 11 de abril de 2020. O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes das grandes cadeas de distribución alimentaria con presenza en Galicia. Nel participaron pola cadea Vegalsa –Eroski, Jorge Eiroa; por Gadisa, Santiago Codesido; por Froiz, Manuel Aris; por Carrefour, Francisco Couso e por El Corte Inglés, Pati Blanco. Este encontro, que se inicia con estas cadeas distribuidoras, pero a iniciativa está aberta a calquera outra que teña interese en colaborar, serviu para pechar os detalles dun acordo que servirá para impulsar a compra e fomentar o consumo de produtos agroalimentarios galegos, dándolles así unha nova saída tras o peche da hostalaría e dos mercados municipais por mor da emerxencia sanitaria.
Segundo explicou o conselleiro, o obxectivo é facilitar novas vías de comercialización aos produtores agroalimentarios da comunidade que están tendo dificultades para chegar ao mercado ao quedaren pechadas as súas canles de venda habituais durante a crise do coronavirus. En concreto, os máis afectados son os produtores/as de froitas e hortalizas, os pequenos elaboradores/as artesanais de queixos e outros produtos lácteos, os produtores/as de mel e produtos apícolas, o sector vitivinícola, os gandeiros/as de vacún, porcino, avícola, ovino e cabrún, así como os de razas autóctonas, fundamentalmente de porco celta.
Para dar saída a estas producións agroalimentarias galegas, a Consellería do Medio Rural buscou a colaboración das grandes cadeas de distribución que operan en Galicia, coas que hoxe pechou os detalles do acordo que estará vixente mentres dure a emerxencia sanitaria. Así, segundo explicou o conselleiro, estas empresas comprométense a adquirir estes produtos agroalimentarios durante o estado da alarma para apoiar o sector primario da comunidade. A maiores, a Consellería lanzará unha campaña de comunicación e sensibilización dirixida ao consumidor final, para conciencialo de que coa súa compra pode axudar aos agricultores e gandeiros galegos para garantir o futuro do noso rural.
Así, estas iniciativas impulsadas pola Xunta teñen como finalidade última frear a perda de ingresos das persoas agricultoras e gandeiras galegas para apoiar o futuro das súas explotacións e garantir así a supervivencia do motor principal da dinamización do rural, ao tempo que se poñen no mercado produtos agroalimentarios da máxima calidade. Antes de poñer sobre a mesa esta iniciativa, a Consellería do Medio Rural xa a ensaiou e xa levou a cabo con éxito xestións para dar saída no mercado á pataca da Limia que antes da crise sanitaria se vendía para restauración.
Así as cousas, a vindeira semana publicarase no Diario Oficial de Galicia a orde que porá en marcha esta canle alternativa de comercialización na que constarán, por unha banda, os produtores beneficiarios, e por outra, as empresas que colaborarán comprando os seus produtos. Ademais, lanzarase unha campaña de promoción e sensibilización que terá como finalidade fomentar o consumo das producións agroalimentarias galegas e na que quedarán patentes as cadeas de distribución adheridas.
A maiores, de forma excepcional ante a crise do coronavirus que estamos a vivir, a Consellería do Medio Rural contempla tamén a posibilidade de comprar parte dos produtos perecedoiros con alto risco de deteriorarse para cedérllelos a comedores sociais, hospitais, residencias de maiores ou institucións semellantes.
Finalmente, José González salientou a importancia do sector agrario galego na cadea de subministro, tendo en conta a situación excepcional que implica o estado de alarma pola crise do coronavirus. De aí, explicou o conselleiro, a necesidade de que a Xunta leve a cabo estas iniciativas que procuran, en resumo, animar á cidadanía a consumir produto agroalimentario galego. Tamén se busca recoñecer o importante esforzo que está a facer o sector no escenario actual de confinamento, no que só están a traballar as actividades esenciais e no que o complexo agroalimentario ten un papel fundamental para asegurar o abastecemento de alimentos de calidade á sociedade.




















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



