Compostela, 14 de abril de 2020. O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, propuxo hoxe á Xunta a adopción dunha serie de medidas urxentes enfocadas a garantir a continuidade da actividades do sector comercial de Galicia fronte ás dificultades que están a padecer empresas, autónomos e traballadoras a causa do parón económico e o que previsiblemente se enfrontarán na fase de recuperación tras a crise da Covid-19.
“O sector servizos, e máis concretamente as actividades comerciais e turísticas, son pezas chave na economía galega, cunha importante achega en materia de creación de riqueza e emprego. Delas dependen centenares de miles de familias galegas. Temos que coidalas e axudalas a superar esta crise”, dixo Gómez Reino en rolda de prensa telemática.
“A situación actual do sector comercial pola emerxencia sanitaria e o parón económico obriga a desenvolver, de maneira urxente, medidas de apoio en coordinación co Goberno do Estado e as Administracións Locais. A Xunta ten que impulsar a posta en marcha dun plan de rescate para o pequeno comercio galego similar ao que se deseñou para salvar á gran banca durante a crise financeira”, engadiu Gómez Reino.
Entre as medidas propostas pola coalición hoxe figura a creación dun fondo de capital risco para investir en empresa radicadas no país e con capacidade para dinamizar a actividade económica; a posta en marcha de axudas específicas a fondo perdido para PEMES e autónomos; a moratoria no pago de alugueiros de locais comerciais de propiedade ou xestión pública e o establecemento de liñas de crédito a interese cero a través do Instituto Galego de Promoción Económica.
Tamén se propón desde Galicia en Común-Anova Mareas a atención inmediata ás demandas de emprego das empresas comerciais que prestan servizos esenciais, e o mantemento de todos os contratos públicos da Administración autonómica xa comprometidos.
Finalmente, o voceiro de Galicia en Común- Anova Mareas reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “concreción, definición e anticipación” na estratexia de loita contra a emerxencia sanitaria e socioeconómica provocada pola epidemia de Covid-19, e, sobre todo, “apostar de verdade por acadar amplos consensos” co resto de forzas política e coa sociedade galega en xeral para lograr que o país “poida superar esta crise canto antes”.




















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



