Compostela, 16 de abril, 2020. A Xunta acordou reactivar máis de 500 obras, para as que CCOO esixe que Inspección de Traballo cumpra coa súa obriga de vixiar de maneira categórica e tallante os incumprimentos en materia de saúde laboral canto ao COVID- 19.
A conselleira Ángeles Vázquez, coa aprobación do presidente da Xunta, vén de anunciar que nunha xuntanza mantida cos representantes de Federación Galega de Construción e da Cámara de Contratistas de Galicia, se decidiu retomar a actividade no plan de vivenda. Reactivar 500 obras, moitas delas do seu departamento (IGVS e Xestur) e algunhas con inquilinos na vivenda.
Dende a Federación de Construción e Servizos non nos consta que sexa posible reactivar a economía sen mostrar a mínima preocupación pola saúde dos traballadores/as. Sen traballadores/as non hai economía que activar.
Construción e Servizos esixe á Xunta de Galicia que manteña unha xuntanza coa Inspección de Traballo para establecer as medidas oportunas en canto a vixiancia e cumprimento nos protocolos de prevención, referente aos postos e a todos os lugares de traballo (sen esquecer os espazos de descanso).
A Federación de Construción e Servizos de CCOO estará vixiante e non vai permitir que se xogue coa saúde dos/as traballadores/as. Intensificaremos as campañas de denuncias e esiximos ás administracións e empresas que cumpran coas súas responsabilidades. Para CCOO a saúde non pode ser moeda de cambio.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



