Burela, 16 de abril, 2020. O Centro Comercial Aberto de Burela afirma que todos os concellos, non só o de Burela, contan cun servizo de información á creación de empresas durante todo o ano a través dos seus técnicos de desenvolvemento local e polo tanto non se trata de ningunha novidade especial polo referente á situación do parón económico.
A agrupación de comerciantes local non critica que este servizo exista, xa que é moi útil para informar a calquera novo empresario que queira emprender, dos pasos a seguir para montar un pequeno negocio.
Desde o pasado 13 de marzo, e case a diario, a asociación de comerciantes CCA Burela está a informar periodicamente aos seus asociados sobre as novidades que están a aparecer sobre este asunto a través dos medios electrónicos.
Tamén queren lembrar que CCA Burela é o grupo maioritario dos empresarios da vila e sempre están dispostos a traballar xunto có concello en todos aqueles proxectos e plans que teñan que ver có desenvolvemento e mellora económica de Burela, e sempre teñen as liñas abertas para unha comunicación fluída coas administracións e sinten que nesta ocasion o concello non lles solicitara información do que as empresas do pobo necesitan, para mellorar ese servicio de atención que están a promocionar.
Queren engadir que desde asociación seguen traballando en campañas de concienciación da importancia de mercar mas no comercio local que por internet e outra campañas de fidelización para que a reapertura dos establecementos locais sexa a mellor posible e desexan que o pobo os apoie para seguir medrando xuntos
