Santiago de Compostela, 18 de abril 2020.- A deputada do BNG, Montse Prado exixe á Xunta que non persista no erro de primar intereses económicos fronte ás necesidades asistenciais de todos os galegos e galegas e que non cometa o erro de utilizar a crise da Covid-19 como paréntese e escusa para despois volver “a casilla de saída” e continuar co “déficit, a precarización, os recortes e as privatizacións”.
Para a deputada do BNG representa unha “irreponsabilidade” precindir de persoal mentres se mantén a emerxencia sanitaria e lembra que no prazo dunha semana, “a Xunta de Galiza tivo que rectificar dúas decisións” que significaban desprotección e precarización de profesionais eventuais, rompendo o vínculo laboral dos profesionais que enfermaban polo contaxio do coronavirus e coa rescisión de contratos de profesionais de reforzo.
Prado recalca que só a “denuncia pública” provocou que a Xunta rectificara estas decisións “insensatas e inxustificadas”. A xuízo da deputada, o proceder da Xunta evidencia “falta de previsión e improvisación” na xestión da crise ademais de demostrar “unha grande irresponsabilidade” ao prescincir de profesionais cando se produce unha pequena baixa asitencial sen ter a seguridade de que se podan producir repuntes na pandemia.
Un mes despois de terse decretado a emerxencia sanitaria e o o estado de alarma, explica a nacionalista, seguen detectándose deficiencias que aumentan o risco de contaxio e inseguridade. Segue sendo motivo de preocupación e denuncia que a día de hoxe: O persoal sanitario continúe sen material de protección suficiente e axeitado contra o risco de contaxio pola Covid-19, non se realizan test ao todo o persoal, se asinan contratos por días e semanas, faltan protocolos claros nos servizos, por unidades de hospitalización e unidades de COVID-19, a rotación de profesionais é permanente, tanto de contratados como mobilizados a unidades diferentes ao seu traballo habitual. Por outra parte, Prado tamén destaca o contaxio constante en plantas “non Covid-19” como xa foi denunciado no Hospital de Oza.
Nas rolda de prensa Feixóo gafa aos profesionais pero os feitos desminten ese recoñecento
A parlamentaria do BNG afirma que a primeira lección que nos deixa esta crise é a constatación de que o máis valioso que ten a sanidade pública é o seu persoal, “son magníficos e magníficas profesionais que dan diariamente o mellor de si, arriscando a súa saúde para garantir a saúde da poboación. “Fixóo gaba ao persoal nas roldas de prensa pero as decisións da Xunta desminten ese recoñecento”.
Máis recursos e medios para reducir a sobrecarga do persoal sanitario
Ao persoal do Sergas “suspendéronselle os seus dereitos” de conciliación, días libres, e vacacións pola súa disposición absoluta para atender á pandemia, e resulta necesario “compensar ese esforzó”, recalca Prado. Neste sentido, o BNG propón manter o persoal contratado para reforzar os cadros de persoal, non só na emerxencia sanitaria, senón mentres se realiza a recuperación da “normalidade asistencial”. O mantemento de persoal e recursos deben estar presentes na Atención Primaria, nos ingresos e consultas hospitalarias, na realización de probas diagnósticas, intervencións cirúrxicas e minimizar a acumulación das listas de espera co fin de “permitir o merecido descanso do persoal, na medida que a presión asistencial o posibilite para rematar coa enorme sobrecarga que levan anos padecendo”.
Ademais, engade a nacionalista deben tomarse de inmediato medidas para garantir a protección de profesionais e minimizar os contaxios; Realizar test a todo o persoal, coñecer o número de persoal do SERGAS infectado; protocolos en cada unidade e servizo, baseados na evidencia científica, no risco de contaxio, e non en función da disposición de material. “Hai que rematar coa improvisación de material de protección con bolsas de lixo”.
Finalmente, a deputada do BNG reclama unha política de persoal que elimine a precariedade laboral e ofreza estabilidade aos profesionais porque “o mellor aplauso e recoñecemento” é defender os dereitos do persoal da sanidade con contratacións estábeis, rematar coa precariedade, repoñer todas as prazas eliminadas coa aplicación da taxa de reposición para conseguir unha sanidade pública sen recortes e privatizacións.



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



