CERVO .- Unha avaría sufrida días atrás na piscina olímpica municipal por mor da rotura da tubeira para quentar a auga da piscina quedou definitivamente arranxada. O alcalde explicou que decoñecían “que a canalización orixinal que transporta o calor entre Alcoa e a piscina municipal estaba soterrada sen ningún tipo de illamento”
Nota de Prensa
Técnicos e operarios municipais remataron a mediados desta mañá a substitución da canalización que abastece de calor a este complexo deportivo
A CORROSIÓN DA TUBAXE DE CONDENSADO ENTRE ALCOA E A PISCINA MUNICIPAL TEN COMA ORIXE A DEFICIENTE CONSTRUCIÓN DESTA INFRAESTRUTURA
* A rede orixinaria estaba soterrada directamente na terra, sen ningún tipo de illamento, o que provocou unha degradación moito máis rápida do que é habitual para este tipo de materiais
Cervo, 21 de abril de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, confirmou hoxe que a avaría sufrida días atrás na piscina olímpica municipal por mor da rotura da tubaxe de condensado que subministra calor procedente da factoría Alcoa quedou definitivamente arranxada ao longo da mañá de hoxe.
A devandita rotura provocou deficiencias no subministro de auga quente nos vestiarios, pero non influíu na temperatura do vaso da piscina. O alcalde asegurou que os usuarios xa poderán facer un uso normalizado das instalacións dende esta tarde e pediu desculpas polas incomodidades sufridas, “pero coido que a xente que utiliza a piscina saberá comprender o motivos” engadiu.
En terra viva
Villares destacou a boa labor desenvolvida nestes días polos técnicos e operarios municipais para solventar esta avaría “no menor tempo posible” e indicou que os traballos consistiron na substitución da canalización orixinaria por unha nova. Neste senso o alcalde quixo destacar a sorpresa coa que se atoparon os técnicos e traballadores do Servizo de Obras do Concello ao comprobar que a canalización orixinal que transporta o calor entre Alcoa e a piscina municipal estaba soterrada sen ningún tipo de illamento. “Decatáronse de que o tubo estaba en terra viva, sen máis, o que provocou unha corrosión moitísmo máis rápida do que sería habitual neste tipo de instalacións” asegurou.
Segundo o alcalde, este contratempo xa solventado polos técnicos e operarios da brigada de Obras é “unha máis dunha larga lista” de deficiencias de construción desta instalación deportiva ás que se tiveron que enfrontar os distintos equipos de Goberno local do Partido Popular. “A esta chapuza hai que engadir outras moitas coma a enorme fisura que se produciu no vaso e pola cal se ía a auga ou a deficiente instalación das tubaxes de condensado dentro do edificio que provocaban que o vapor de auga saíse polos sumidoiros da rede municipal de saneamento no no núcleo de San Ciprián; por non falar doutras moitas eivas que tivemos que arranxar dende a nosa chegada á fronte do Concello” sinalou Villares. “Non sabemos si estas deficiencias constructivas foron devido ás presas por querer inaugurar esta obra ou por neglixencia do Goberno municipal socialista que proxectou e executou esta instalación, pero o certo é que nosoutros aínda hoxe non chegamos a explicarnos cales son os motivos polos cales esta infraestrutura ten tantos problemas de construción xa dende o principio. Así o vimos dicindo publicamente dende hai anos, incluso antes de que chegáramos ao Goberno municipal” recalcou Villares.
O rexedor recoñeceu unha vez máis que as dimensións desta piscina son “quizais desmedidas” para un municipio como Cervo e recordou que o custe anual para o mantemento deste servizo suponlle ás arcas municipais máis de 150.000 euros ao ano, “unha cantidade moi importante para un municipio que non chega aos 5.000 habitantes, pero que pola contra ten que facerse cargo dunha infraestrutura cunhas características que non posúen en ningún outro municipio da provincia e moi poucos en Galicia” recalcou.
Ao marxe destes atrancos, Alfonso Villares comprometeu o labor do equipo de Goberno municipal para continuar mellorando os servizos da piscina municipal e adiantou que a concellería de Deportes está a traballar dende hai meses co obxecto de ampliar e reforzar a oferta de ocio e deporte para os usuarios desta infraestrutura municipal.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



